Campamentos de Verán «A Lanzada 2009» da Deputación de Pontevedra.

Están dirixidos a nenos/as de Pontecesures nados entre os anos 1996 e 2001. As solicitudes presentaranse nun prazo que remata o 16 no concello e as prazas serán adxudicadas pola Deputación de Pontevedra.

Hai nove quendas de 7 días de duración:
1ª) Do 24 ao 30 de xuño.
2ª) Do 1 ao 7 de xullo.
3ª) Do 8 ao 14 de xullo.
4ª) Do 16 ao 22 de xullo.
5ª) Do 23 ao 29 de xullo.
6ª) Do 1 ao 7 de agosto.
7ª) Do 8 ao 14 de agosto,
8ª) Do 14 ao 22 de agosto.
9ª) Do 23 ao 29 de agosto.

O prezo é de 68 euros, e hai subvención ente o 50% e o 80%, para unidades familiares que non superen determinados límites económicos.
Na oficina de Servizos Sociais da Casa do Concello facilítase información.

Comezaron as xornadas de autodefensa para mulleres en Pontecesures.

Organizadas polo Servizo Galego de Igualdade e polo concello de Pontecesures, comezaron hoxe, ás 17 horas, no semisoto da Casa do Concello coa primeira destas dúas xornadas (a segunda é maña venres, tamén de 17 a 21 horas), que son impartidas por Juan Blanco, instructor de Wing Tsun Escrima da empresa «Naturgaz».
Asistiron 15 mulleres en total, cifra que se considera moi satisfactoria.

Permanece hospitalizado Modesto Pose.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE, membro da xestora e deputado autonómico, Modesto Pose Mesura, permanece hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (antes Hosipital Juan Canalejo) onde foi intervido cirurxicamente o pasado luns por unha enfermidade pulmonar grave. A súa evolución é favorable.
Dende este medio desexámoslle un pronto restablecemento.

Mañá venres día 3 ás 18 horas primeiro dos actos do 25 aniversario da biblioteca de Pontecesures

A esa hora, Mario Tomás contará os «Contos chegados doutro lugar» no propio edificio da biblioteca, que están dirixidos fundamentalmente a nenos/as de 6 a 8 anos.
Po outra banda, hay que salientar que onte os asistentes a nosa biblioteca foron agasallados con doces e golosinas para conmemorar o aniversario. Os máis cativos (e os maiores, ollo) quedaron sorprendidos, pero diron boa conta deles nun ambiente de ledicia pola feliz celebración.