Os estudiantes celebran os 172 anos do nacemento de Rosalía.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada no lugar de A Matanza, no concello de Padrón, continuou onte coa conmemoración do 172 aniversario do nacemento da poetisa, neste caso cun acto protagonizado de novo pola comunidade educativa. Deste xeito, alumnos de primeiro curso de Bachelerato do Instituto de Educación Secundaria Camilo José Cela de Padrón e do Pontepedriña de Santiago acudiron onte pola mañá ao auditorio rosaliano para participar en distintas actuacións que tiveron como telón de fondo a vida e obra de Rosalía de Castro.

LA VOZ DE GALICIA, 28/02/09

Regresa el vandalismo.

Una decena de vehículos fueron apedreados de madrugada en Pontecesures, un municipio en el que, desgraciadamente y para vergüenza de la mayoría de los vecinos, los actos vandálicos no son una novedad. Se repiten en sucesivos fines de semana, ya demasiados, como un extraño ritual de diversión al que nadie ve la gracia. Resulta inconcebible que haya personas que se lo pasen bien haciendo el mal y dañando propiedades ajenas. Pero deben saber que, el que la hace, tarde o temprano, la paga. Que se lo pregunten si no a tres jóvenes cesureños que fueron condenados recientemente por destrozar mobiliario urbano.

Editorial de DIARIO DE AROUSA, 23/02/09

A Deputación, Caixanova e Citröen amplian o plan de vehículos para entidades. Valga e Pontecesures entre os beneficiarios.

DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación
26 FEBREIRO 2009

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o representante de Caixanova, Javier Gómez Rivera; e o directivo de Citröen, Gonzalo Macías, comunicáronlles hoxe a 31 entidades asistenciais (serán 40 en total) e deportivas da provincia sen ánimo de lucro a súa inclusión na segunda fase do plan impulsado por esta institución para adquirir un vehículo para o transporte de persoas.

Segundo anunciou hoxe o presidente, a institución provincial entregaralles vehículos 3 asociacións da comarca de Louriña ; 4 entidades da comarca de Pontevedra; 2 entidades da comarca de Caldas; 4 entidades da comarca de Arousa; 3 entidades de Vigo; 4 entidades do baixo Miño e Val Miñor; 2 beneficiarios no Deza; 3 beneficiarios nas comarcas de Condado e Paradanta; 5 entidades do Morrazo.

Rafael Louzán destacou que con esta segunda fase ??elevamos o orzamento da iniciativa a preto dos tres millóns de euros e conseguimos colaborar con 80 entidades de carácter social e deportivo da provincia e damos resposta a case a totalidade das peticións recibidas?. O presidente non descartou desenvolver no futuro máis colaboracións con Citröen e Caixanova para suplir as grandes demandas dos colectivos da provincia.

Pola súa banda, Javier Gómez Rivera salientou que ??con esta iniciativa contribuímos a solventar os problemas de mobilidade de entidades sociais e deportivas?. Sobre este respecto destacou a encomiable labor que desenvolven tanto as institucións asistenciais sen ánimo de lucro, como os directivos que están ó fronte de clubs de base ??que precisan todo o noso apoio para que poidan seguir desenvolvendo este traballo?.

Pola súa banda, o representante de Citröen, Gonzalo Macías, manifestou a satisfacción da empresa pola posta en marcha deste plan e comentou que en vista do éxito que tivo a iniciativa, ??a empresa estará disposta a seguir mantendo colaboracións deste tipo?.

Entre as entidades beneficiarias hai dúas da comarca de Caldas: O Concello de Valga e o Concello de Pontecesures.