Carreteras da comienzo a la construcción de una acera en un margen de la N-550.

Una máquina trabaja en el margen del vial N-550.

Operarios y maquinaria del Servicio Provincial de Carreteras del Estado dio comienzo ayer en Pontecesures a las obras de construcción de una acera en el margen derecho de la carretera N-550 ­en dirección Vigo-A Coruña­, en paralelo al talud existente en esta zona. Los trabajos a desarrollar en esta primera fase consisten en la habilitación de la acera en un tramo de 152 metros que se corresponde con la calle José Novo Núñez, llegando hasta el número 32.
La actuación se completará con la instalación de una tubería que recoja las aguas pluviales que proceden del talud. Pero, sin duda, la mejora más esperada por los vecinos, especialmente los de la zona de San Xulián, es el pintado de un paso de peatones entre los números 22 y 24 de la N-550, que contará con un semáforo de pulsar para que los viandantes puedan cruzar en condiciones de seguridad. El paso de cebra mantendrá la distancia reglamentaria con respecto a la curva que hace la carretera al pasar sobre la vía del ferrocarril.

Segunda fase > Carreteras del Estado tiene pensado acometer, antes de que finalice este año, una segunda fase de esta actuación, que supondrá la continuación de la acera hasta la intersección de la N-550 con la carretera autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira.

DIARIO DE AROUSA, 18/02/09

Comezou a obra de construción dunha beirarrúa na N-550 (rúa José Novo Núñez)

Persoal do Servizo Provincial de Estradas do Estado en Pontevedra comezou hoxe a obra, coa destrución da «V» de recollida de pluviais da estrada nacional, paralela ao talud, partindo do cruce de San Xulián en dirección a Pontevedra. Posteriormente colocarase unha tubaría de 400 m/m para a recollida, e será construída unha beirarrúa de 152 metros lineais. Está previsto pintar un paso de cebras, con semáforo de pulsar, entre os números 22 e 24 da rúa José Novo Núñez para mellorar a seguridade viaria.

Mellora substancial do alumeado público no exterior da Casa do Concello.

Hai uns días rematou esta actuación de mellora. Así foron instalados puntos de luz nos laterais do edificio preto das portas principal e traseira. Agora hai unha grande visibilildad para os cidadáns que soben ou baixan as esqueiras laterais que comunican a Avda, de Vigo co Camiño de San Xulián. Esta actuación foi moi demandada polos veciños que utilizan ditas esqueiras.

Reanudan os traballos de acondicionamento do paso elevado que une a rúa Miguéns Parrado coa rúa Borobó sobre a N-550.

No día de hoxe e coa chegada do bo tempo reanudáronse, por parte do Servizo de Estradas do Estado en Pontevedra, estas obras co pintado da baranda. Por este motivo, e tendo en conta que foi utilizado un camión guindastre, estivo curtada ao tráfico a rúa Miguéns Parrado durante un bo tempo. Tamén a actuación afectou á circulación na N-550 pois foi necesario alterar os carrís con conos.
Nos vindeiras días arranxaranse o firme do paso, que está moi irregular.

Replanteo da obra de instalación do novo alumeado público nas rúas centrais de Pontecesures.

No día de hoxe, a dirección de obra e os representantes da empresa adxudicataria SETGA, asinaron a acta de replanteo desta obra que vai executar a Deputación Provincial de Pontevedra, en base a un convenio entre o organismo provincial e o Concello de Pontecesures.
Espérase que os traballos nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García, comecen na semana próxima, estando previsto que rematen en vinte días, aproximadamente.

Colocado o módulo do semáforo da Avda. de Arousa derrubado polo temporal.

Hai uns días foi colocado o módulo superior deste semáforo peonil sobre a estrada autonómica PO-548 Pontecesures-Vilagarcia, que caira derrubado por mor dos derradeiros temporais.
Tamén no día de hoxe foron substituídas varias luminarias afundidas do alumeado público, afectadas por ditos temporais nas rúas Ullán, Doctor Mosquera, Avda. de Vigo e Redondo, coa axuda do camión guindastre, así como algunhas lumimnarias dos semáforos destas rúas.