Sobre as tres desta madrugada, apareceu fronte ao tanatorio de Montouto, o Peugeot 307 gris, con matrícula 7021-FSF, que foi roubado o pasado día 11 de febreiro no garaxe de Alejandro Vieites Rúa na rúa do Campo nº 5 de Porto.
Logo da comprobación das pegadas no coche por parte da policía cientifica, este foi trasladado a Pontecesures. O automóbil está en bo estado, aínda que mañá será levado ao taller para comprobar os baixos, onde pode ter algún golpe.
Por outra banda, dicir que Alejandro Vieites estima que o valor do roubado na madrugada do día 11 ascende a uns 6.000 ?. Ademais da televisión e do ordenador, tamén comprobou (hai días que xa está na súa casa de volta de Alemania), que lle levaron diversa maquinaria do garaxe como un compresor, un martelo picador, incluso unha pistola para sacrificar os porcos, e obxectos da casa, como unha plancha e dous reloxos.
Sociedade
Mañá venres, apertura do Bar NL en Pontecesures.
Ás 21:00 horas abrirá este bar (antigo Antoxo) situado na rúa San Lois de Pontecesures. O titular convida a todos a este acto de apertura.
Cultura
Mañá festival de entroido no CPI Pontecesures.
Será as 11:30 horas, e o tema dos disfraces será o terror. Así os alumnos irán de vampiros, de demos, de bruxas, de esqueletos, de zombis, etc….
Están convidados ós pais/nais para presenciar o desfile.
Política
Louzán, baja de última hora en el mitin del PP.
El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, no acudirá finalmente al mitin que el PP celebra esta tarde a las 20:00 horas en el Centro Social.
En su lugar acudirá Alfonso Rueda Valenzuela, secretario general del partido en Galicia. Hablará éste y los otros tres oradores previstos: Ana Pastor, Marta Rodríguez y Rafael Randulfe.
Sin Categoria
Mitin de Zapatero en Vigo
O vindeiro sábado 21 de febreiro ás 12 da mañá, terá lugar un mitin en Vigo, no polideportivo As Travesas, no que intervendrán Emilio Pérez Touriño e José Luis Rodríguez Zapatero.
Todos os que desexen acudir dispoñen dun autobús gratuito que sairá as 10 da mañá da Prazuela.