Este fin de semana, a pesar de que o patio escolar está pechado, unha ou varias persoas entraron no recinto escolar e ademais de realizar numerosas pintadas no edificio, arrincaron unha chapa dunha ventá e a persiana correspondente.
Os danos foron arranxados por persoal do Concello, e vaise presentar nas próximas horas a denuncia no posto da Garda Civil de Valga.
Concello
Membros das mesas electorais cesureñas para as autonómicas do 1 de marzo.
Nun pleno que tivo lugar no día de hoxe, co quórum minimo (só estiveron a alcaldesa, Rafael Randulfe, Jesús Mª Rey e Luis Sabariz) celebrouse o sorteo para designar os membbros de ditas mesas, co seguinte resultado:
Sección 2º, Mesa A
Presidente: Daniel Eduardo Amondarain Martínez
1º Vogal: Mª Carmen Canas Franco
2º Vogal: Jose Mª García Coira
1º Suplente de presidente: Bautista Gil Magariños
2º Suplente de presidente: Silvia García Ordóñez
1º Suplente de 1º vogal: Ángel Dopazo Meno
2º Suplente de 1º vogal: Marcos Alonso Refojo
1º Suplente de 2º vogal: Mª Cruz Frois Refojo
2º Suplente de 2º vogal: José Castiñeiras Serantes
Sección 2ª, Mesa B
Presidente: Dores Rial Barreiro
1º Vogal: Anabel Oliveira Rey
2º Vogal: Rosa Mª Piñeiro
1º Suplente de presidente: Roberto Paulino Santos Cortés
2º Suplente de presidente: Evangelina vidal Botana
1º Suplente de 1º vogal. Ángela Monteagudo Bernárdez
2º Suplente de 1º vogal: Julián Herránz Chenlo
1º Suplente de 2º vogal: Argentina Rosende Fraga
2º Suplente de 2º vogal: Cristina Vieites Dos Santos
Sección 1ª, Mesa U
Presidente: Manuel Castro Castrelo
1º Vogal: Mª Pilar Rial Abuín
2º Vogal: Mª Begoña Sueiro Ferreirós
1º Suplente presidente: ?scar Gerpe Rodríguez
2º Suplente presidente: Manuel Ángel Muñíz Iglesias
1º Suplente de 1º vogal: Javier Gerpe Jamardo
2º Suplente de 1º vogal: Marina Durán Costas
1º Suplente de 2º vogal: Yolanda Jamardo Iglesias
2º Suplente de 2º vogal: Ricardo Rodríguez Paz
Concello
A «falta de colaboración» do goberno municipal de Pontecesures leva a Vivenda a conxelar o proxecto do polígono.
A conselleira Teresa Táboas nunha visita realizada á zona de A Tarroeira en abril do ano 2006.
A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, confirmou que o proxecto de construción dun polígono industrial e 240 vivendas protexidas na zona de A Tarroeira está paralizado, situación que achaca á ??falta de complicidade? do actual goberno municipal, o tripartito formado por IP, PP e os edís non adscritos. Sen embargo, Táboas considera que este non ten porque significar o adeus definitivo a esta iniciativa, senón que asegura que está disposta a retomala ??cando haxa vontade política? por parte dos responsables municipais. O proxecto contempla a urbanización de máis de 400.000 metros cadrados de terreos, nos que se chegaron a realizar os traballos previos de identificación da propiedade.
Un dos proxectos máis ambiciosos que a Consellería de Vivienda e Solo plantexou para a comarca do Ulla-Umia a comezos desta lexislatura foi a creación en Pontecesures dun polígono industrial que levaría parella a construción de 240 pisos de protección autonómica. A iniciativa, que tiña como lugar de emprazamento o Tarroeira xusto no límite co termo municipal de Valga atópase nestes momentos conxelada, feito no que influiu de forma notoria o cambio que se produxo hai case dous anos no goberno municipal.
A conselleira, Teresa Táboas, confirmou o que, nos últimos tempos, parecía un segredo a voces: o proxecto ??está parado?. Asegura a responsable de Vivenda que, ??cando se traballa dende a administración autonómica, é importante ter a complicidade e colaboración dos políticos locais. A grandeza dun político é, precisamente, a de antepoñer os intereses dos veciños por enriba de todo?, engade. ??No caso concreto de Pontecesures houbo un cambio de goberno municipal e ese proxecto quedou, polo de pronto, parado?, aínda que garantiza que, ??no momento en que haxa vontade política en Pontecesures, a Consellería está disposta a sacalo andiante porque é un proxecto moi interesante para o municipio?.
Protocolo > Para levar a cabo esta actuación chegouse a firmar no ano 2006 un protocolo de colaboración entre Vivenda e o Concello entón liderado polo nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira e investíronse 36.000 euros nos traballos topográficos e de identificación da propiedade do solo. O proxecto abarcaba un total de 410.000 metros cadrados, dos cales 306.000 estarían destinados a polígono no que ubicar empresas ??blandas? non contaminantes. Os restantes 104.000 acollerían un total de 240 vivendas protexidas. A área completaríase con zonas verdes, deportivas e de ocio. A Consellería tiña previsto convocar un concurso de ideas para definir a ordenación de todos este espacios e integrar de xeito harmónico as zonas industriais e as residencias. Este concurso non chegou a convocarse posto que, entre medias, celebráronse os comicios municipais de 2007, nos que Maribel Castro desbancou a Manuel Luis Álvarez Angueira da Alcaldía gracias a un pacto cos non adscritos e o PP, que actualmente é o grupo maioritario dentro do goberno local.
Os populares xa amosaran na oposición a súa disconformidade co proxecto ao considerar que o emprazamento elixido non era o máis propicio para o polígono.
DIARIO DE AROUSA, 02/02/09
Concello
Mañá, día 2 de febreiro, pleno para elixir os membros das mesas electorais do 1 de marzo.
Mañá luns, día 2 de febreiro, ás 9:30 horas da mañá, terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Pontecesures, o pleno que elixirá en sorteo público, cunha base informática, os membros das tres mesas electorais que se constituirán en Pontecesures o día 1 de marzo co gallo das eleccións autonómicas 2009, cumprindo o establecido na Lei orgánica do réxime electoral xeral.
Serán elixidos, coma sempre, 27 electores, 9 por mesa (presidente e dous suplentes; vogal 1º e dous suplentes e vogal 2º e tamén dous suplentes).
Educación
El párroco de Iria, Roberto Martínez, organiza la cita del arzobispo en la USC.
El arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, acudió a una cita con profesores y alumnos de la Universidade de Santiago de Compostela con motivo de la festividad de Santo Tomás de Aquino. Estuvo acompañado por Roberto Martínez, profesor de Teología y uno de los organizadores de la reunión, y por Marcelino Agís, que imparte Filosofía en la USC.
Vida Social Gallega, EL CORREO GALLEGO, 01/02/09