O sábado 7 de Xuño.
Club Náutico
REGATA INFANTÍS O GROVE
O As Torres, segundo na regata de promoción do Grove
Sabor agridoce o que lle quedou onte á expedición das Torres-Romaría Vikinga na cuarta proba do Gran Premio de Galicia de Promoción, desputada na praia grovense de Peralto. E é que se ben o equipo catoirense se subíu ao podio da regata, segundo por diante do líder provisional do campionato autonómico, o Náutico Firrete, o trunfo en augas arosás do Náutico Rodeira de Cangas fai caer o As Torres á terceira praza da xeral do G.P. de Promoción.
Os do Baixo Ulla sumaron un total de 3.518 puntos na proba do Grove, a escasa distancia dun Náutico Rodeira que se fixo coa victoria con 3.599. O Náutico Firrete foi terceiro con 3.339, polos 3.277 do Piragüismo A Illa de Arousa, cuarto, e os 2.835 do anfitrión, o Breogán-Outón Xunqueiriña, quinto.
Polo que respecta aos outros catro equipos da bisbarra, o Piragüismo Cambados ocupou a undécima praza con 1.263 puntos, o Náutico Pontecesures a decimoterceira con 1.012, o Náutico O Muíño de Ribadumia a vixésimo segunda con 590, e o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa a vixésimo quinta con 503. En total foron 30 os clubs participantes.
A nivel individual, houbo sete podios arousáns e do Baixo Ulla, con pleno na proba de Infantís A C-1 Zurdos. Álvaro Novo López e Rubén Gómez Rial, das Torres, foron primeiro e segundo, respectivamente, co breoganista Breixo Lamas Galiñanes ocupando a terceira praza.
En Infantil B K-1 Jorge Riveiro Oliveira deulle o trunfo ao Náutico Pontecesures, e Jacinto Suárez Pouso, do Piragüismo A Illa de Arousa, foi segundo.
O medalleiro arousán complétase coas pratas de Iago Meis Radio en Infantil B C-1 Destros e de Manuel García Naveiro en Infantil B C-1 Zurdos. Ambos os dous, integrantes do Breogán. Hoxe a cita está en Ourense, no Descenso do Miño.
A VOZ DE GALICIA 8-6-08
www.nauticopontecesures.blogspot.com
Sociedade
Fallece Eduardo Paz, de «Casa Castaño».
A los 80 años de edad, falleció hoy Eduardo Paz Barreiro, esposo de «Teresuca» Fajardo Castaño. Ámbos regentaron el emblemático restaurante Casa Castaño durante muchos años.
El cadáver está siendo velado en la Sala 3 del Tanatorio Iria Flavia de Padrón, y mañana lunes, día 9 de junio, a las 19:30, se celebrará el funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Posteriormente se le dará sepultura en el cementerio de San Xulián. Descanse en paz.
Concello
O BB3 gañou o campionato de dardos «Concello de Pontecesures» en equipos femininos.
Disputóuse onte no Polideportivo Municipal de Pontecesures este campionato feminino. A entrega de Premios foi esta tarde xunto, coa entrega dos premios ós equipos mixtos e ós competidores individuais.
Gañou o BB3, 2º foi o Bouzón 3, 3º o Casa Pérez, 4º o Abadía, 5º o Dimensión, 6º o Bouzón, 7º o Onice, 8º o Choco, 9º o Baltasar e 10º La Noche.
Entregaron os premios dos tres concursos, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de deportes, Javier Quintá, o 2º tenente de alcalde, Luis Sabariz e a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela.
Concello
O Dimensión, en categoría mixta, gañou o campionato de dardos «Concello de Pontecesures»
O segundo clasificado foi o Dimensión 2 e o terceiro foi o Bouzón.
Dende o posto 4º ata o lugar 32º clasificáronse os seguintes equipos: Miniño, Faiscas, Casa Pérez, Onice Padrón, La Noche, Abadía, Carabela, Anubis, Máscara 2, Bouzón 2, Nu 2, La Noche 2, Pedras Millo, Baltasar, Baltasar 2, Chenlo, Máscara, Máscara 3, La Noche 3, Rancho CA 2, Exceso, Frenazo, Empalme, Escola, Campiño, Rancho, Tentación, Sedami e Rock Star.
Concello
Cándido López, do Dimensión, gaña o torneo individual de dardos «Concello de Pontecesures»
Hai uns minutos rematou a competición de dardos no Polideportivo de Pontecesures que foi gañada por Cándido López do Dimensión. Subcampión foi Juan «Lula» tamén do Dimensión, mentres que Luis Bouzón do Baltasar foi o 3º clasificado.
Clasificáronse dende o 4º posto e ata o lugar 50º, por este orde: Santi Bouzas (Baltasar), Javier Fuentes (Rancho Extra), Ángel Souto (Nu 2), Rodrigo Rey (Onice), Santi Santos (Máscara), Neno Bouzón (Bouzón), Bea Loureiro (Bouzón), Fran Paz (Casa Pérez), Manuel Villaverde (Casa Përez), Simón Iglesias (Baltasar), Vanesa (Abadía), Ángel Rey (Onice), Carlos Blanco (Dimensión), Manuel Campos (Casa Pérez), Cruz del Oro (Baltasar), Salva (Casa Pérez), Marco Ces (Bouzón), Junior Tarrío (Faiscas), Raúl Mariño (La Noche), Suso (Casa Pérez), Sonia Bustelo (Máscara), Pablo Muñiz (Choco), Maika (Abadía), Yoli Vieites (Carabela), José Luis Valiño (La Noche), Marta Beiró (Máscara), David Mosquera (Máscara), Víctor (Casa Pérez), Alex García (Máscara), Christian Barreiro (Abadía), Casandra Sánchez (Casa Pérez), Diego Bouzón (Choco), Juanjo Fontoba (Faiscas), J. Alberto Pimpi (Bouzón), Ángela Padermo (Baltasar), Laura Laíño (Casa Pérez), Ángel Otero (Máscara), Pablo Xavou (Nu 2), Plácido Rodríguez (Máscara), Víctor Fungueiriño (Faiscas), Rocío Angueira (Onice), Marisol Pedreira (La Noche), Javier Losas (Máscara), Carlos Pana (Baltasar), Héctor González (Máscara), Fermín Choco (Choco) e José Catalán (La Noche)