André Oliveira non pasou á final de C-2 500 no Europeo de Piragüismo de Milán

Competiron na semifinal nove embarcacións, e a parella André Oliveira-Miguel Rodríguez que representou a España quedou en 8ª posición cun tempo de 1 minuto, 48 segundos e 606 milésimas. O dúo español supero só a Italia, e quedou a case 4 segundos do terceiro posto. Pasaron á final as embarcacións de Hungría, Alemania e Bulgaria que se engaden ás 6 que acadaron a clasificación directa no día de onte.
Ten moito mérito a participación nun europeo do xove palista do Club Náutico de Pontecesures. Ánimo e a seguir traballando. Noraboa a él e a todo o club.

Adriana Rivas participará no VI Certame de Gaiteiros Solistas «Festa do Salmón» da Estrada.

img48215fdbc393d.jpg

O día 18 de maio, ás 17:00 horas, no Teatro Principal terá lugar o VI Certame de Gaiteiros Solistas Festa do Salmón na Estrada.
A gaiteira de «Algueirada», Adriana Rivas Seijo, participa neste concurso xunto con 11 gaiteiros máis. Segue a gaiteira cesureña participando en certames de prestixio para mellorar a súa formación ó competir con músicos moi experimentados.

Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 1000.- euros. e Diploma
2º. Clasificado: 600.- euros. e Diploma
3º. Clasificado: 300.-euros. e Diploma

198c_140330.jpg

Adriana e ó seu monitor Miguel o domingo pasado no concurso de Bandeira.

«Lecer para os nosos maiores». Encontro en Carballiño.

DÍA 14 DE XU?O

O Concello de Pontecesures vai colaborar coa Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar Social no 3º encontro do Programa «Lecer para os nosos maiores» facilitando o trarsporte (54 prazas) para as persoas maiores de Pontecesures poidan achegarse ao Carballiño e participar nestre encontro de maiores.

Programa:
-Saída ás 9 da mañá desde a Plazuela.
-Sesión Vermú.
-Coñecendo o País: actividades interactivas.
-Xantar nas carpas acondicionadas e restaurantes, con precios asequibles (Non incluído, os e as participantes páganse os produtos que queiran consumir).
-Obradoiros Galegos: actividades interactivas con demostración en vivo.
-Xogos Galegos: actividades interactivas con práctica de xogos tradicionales.
-Gran Romaría Galega: actuación de orquestras e diversas animacións.

Inscricións: do 15 ao 22 de maio.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito estan eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

Prazas limitadas. Se non hai un mínimo de 30 prazas cuberrtas suspenderase a viaxe.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.

Hai catro aspirantes ó posto da Deputación como peón de limpeza para traballos en Pontecesures.

Rematado o prazo de presentación de instancias no organismo provincial para aspirar a este contrato por cinco meses, houbo as seguintes solicitudes:

Amparo Boullón Pérez
Marina Buceta Balado
Jéssica Lafuente García
Manuel Sobradelo Vicente

Agora haberá unha entrevista no Pazo Provincial e o tribunal seleccionador elixirá o único/a traballador/a que lle corresponde a Pontecesures.