Finsa solicita licencia para abrir unha nova caldeira

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a solicitude feita por Financiera Maderera, Finsa, para a apertura dunha caldeira de 35 Mw para a xeración de aceite térmico na zona de Paraíso-A Ponte (Padrón). O anuncio, feito público polo Concello de Padrón, sométese a exposición pública polo prazo de dez días (contados a partir de hoxe) para que todos aqueles que se consideren afectados por esta actividade poidan presentar reclamación.

Traducido de: El Correo Gallego

Ligazón ó anuncio: Boletín Oficial Provincia A Coruña

A parella pontecesureña formada por Manuel Lorenzo e María Castromán celebrou os seus 50 anos de matrimonio

A igrexa parroquial de Pontecesures albergou este fin de semana un acto moi emotivo. Manuel Lorenzo e a súa esposa, María Castromán, volveron a revivir o día no que ambos se xuraron amor eterno e dixeron o «sí quiero» ante familiares e amigos. Á saída do templo, tíñanlle preparada unha sorpresa con música.

Traducido de: El Correo Gallego

Suspéndense as clases de danza da ANPA.

Por enfermidade da monitora Rebeca Santos, suspéndense neste mes de xuño as clases de danza que tiñan lugar os martes no edificio do Club Xuvenil.
A Xunta Directiva da ANPA informará en canto haxa novas sobre este tema e quere desexar a Rebeca un pronto restablecento co fin de que continúe o gran labor que está a facer.

ANPA DO CPI PONTECESURES.