Hoxe teatro infantil

Hoxe venres día 16 ás 18 horas o grupo «TALIA TEATRO» representará no Centro Social de Pontecesures a obra «MUNDOS CONTADOS» con entrada libre e gratuita. Organiza o acto o Concello de Pontecesures a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e S.A. de Xestión do Xacobeo e a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Ficha da Obra:

Autora: Paula Carballeira

Directora: Paula Carballeira

Elenco: Marta Ríos

Público: Todos os públicos

Sinopse: Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto mundos contados, mundos que existen, dende hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria? hai esperanza.

[Imaxe e información da obra www.igaem.xunta.es]

Sabariz solicita el arreglo del alumbrado en el muelle.

El portavoz de ACP, Luis Sabariz, ha remitido un escrito al ingeniero de la Zona Sur de Portos de Galicia para solicitar el arreglo del alumbrado del paseo marítimo de Pontecesures, que «presenta muchas deficiencias». Afirma que hay «numerosas luminarias destrozadas», que fueron apedreadas, y otras que no alumbran. Añade que los vecinos se quejan y consideran que el areeglo es urgente. «E fundamental, non só por razóns de seguridade, senón tamén para que non se transmita unha sensación de abandono». Finalmente pide que se revise el alumbrado de todo el paseo.

DIARIO DE PONTEVEDRA 14/02/07