REANUDACIÓN DAS RENOVACIONS DAS DEMANDAS DE EMPREGO.

Na web do SGC pódese renovar a demanda de emprego empregando o PIN de 4 díxitos que o Servizo Galego de Colocación está achegando a todas as persoas inscritas na súa base de datos. En 30 segundos e dende casa ou o móbil queda feita a renovación (por 3 meses). O enlace á web é o seguinte:

https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin?csrf=dc3ec8dd63f6cf515886d9ddd580b86bf6f7c640&num_doc=35451767&let_doc=G&cod_pin=8836&sub1=RENOVAR

Morreu «Ramón da Viuda»

Aos 91 anos de idade finou, Ramón Enrique Chenlo, veciño da rúa Sagasta que estaba casado con Áurea Buceta Portas. Mañá xoves 4 de febreiro, ás 11:00 horas, terá lugar o funeral de «Córpore Insepulto» na igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de Xan Xulián.

Descanse en paz.