O BNG critica ás razóns expostas polo alcalde para a tala das árbores da Nacional.

Razón de peso á altura da decisión tomada: «Dende os miradoiros de Pontecesures xa non se ve nada máis que as copas das árbores», razonaba Vidal Seage. SUBLI?AMOS o de «razonaba»…..

«Reconoce el alcalde que habría una solución alternativa a la tala de los árboles: realizar podas periódicas». Como se fixo en ocasións anteriores pero, podendo cortar, quén necesita podar?

BNG de Pontecesures

Os socialistas de Pontecesures critican a tala dos plátanos.

Respecto a recente tala das árbores na beira da N-550, non se entende unha medida desta magnitude, cando nin as árbores estaban enfermas nin eran unha ameaza para veciños ou inmobles cercanos.
Non comprendemos as razóns esgrimidas polo alcalde para a tala das árbores da beira da N-550: ??seguridade?, porque as raices poden chegar a afectar a un talude de pedra ou provocar accidentes, cousa que nunca pasou ; ??paisaxístico? porque as árbores impiden a vista desde os miradoiros (¿)
En calqueira caso, a solución debería ser a de sempre. Unha boa poda, e listo. O sentido común, sempre é unha boa solución para a solución dos problemas cotidianos.

Socialistas de Pontecesures