Programa da XVII Festa da Lamprea de Pontecesures.

24 DE MARZO
-Ás 18:30 horas no Centro Social. Nova presentación de «O Faiado da Memoria»

25 DE MARZO
-Dende ás 10:00 h. Pasarrúas a cargo de Algueirada e Xarandeira.
-Ás 12:00 h. Recepción de autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 h. Pregón a cargo de André Arzúa, cociñeiro e presentador da TVG.
-A partir das 12:00 horas, serviranse racións de lamprea a un prezo único de 5 euros.

Haberá carpas onde poder degustar pulpo e churrasco.

O 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián

Polá mañá o grupo de gaitas do grupo folclórico cesureño Algueirada dará os pasarrúas polo lugar. Ás 12 terá lugar na Capela de San Xulián a misa solemne na honra da Virxe do Pilar oficiada polo párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro parroquial Dos Tilos. De seguido terá lugar a procesión pola rúa do Pilar. Ao remate actuará o grupo de baile da agrupación Algueirada. O custo da misa é sufragado por Lucía Pardal Miguéns.
Os actos son organizados pola Asociación de Veciños «San Xulián de Requeixo»