Morreu Rosa Erundina Moure Magariños.

Aos 81 anos de idade finou está veciña de Carreiras, 19, viúva de Cándido Crespo Moreiras.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá sábado, ás 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Santiago de Padrón. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio do Santiaguiño do Monte.

Descanse en paz.

Danos ocasionados pola treboada do pasado domingo.

A tormenta do pasado domingo 01 de decembro provocou numerosos e cuantiosos danos no alumeado público.

Tras a xira de inspección realizada ó longo desta semana, 𝐝𝐞𝐭𝐞𝐜𝐭á𝐫𝐨𝐧𝐬𝐞 𝐦á𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝟔𝟎 𝐥𝐮𝐦𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐝𝐞𝐬𝐜𝐚𝐫𝐠𝐚 𝐞𝐥é𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐧𝐮𝐦𝐞𝐫𝐨𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐢𝐧𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐛𝐥𝐞𝐬. Estase procedendo a súa 𝐬𝐮𝐛𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 pero, en moitos casos, é preciso material en vías de ser recepcionado.

Avenida dos Namorados, O Rial e Avenida de Arousa, 𝐬𝐨𝐧 𝐚𝐬 𝐳𝐨𝐧𝐚𝐬 𝐦á𝐢𝐬 𝐚𝐟𝐞𝐜𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐜𝐨𝐧 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫 𝐧ú𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬. Detectáronse avarías, tamén, noutras zonas do Castro-San Xulián, O Souto, Carreiras, Redondo e Condide.

𝐀 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐞𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐨𝐜𝐚 𝐧𝐮𝐦𝐞𝐫𝐨𝐬𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐥𝐞𝐬𝐭𝐢𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞, 𝐚𝐠𝐚𝐫𝐝𝐚𝐦𝐨𝐬, 𝐩𝐨𝐢𝐝𝐚𝐧 𝐬𝐞𝐫 𝐬𝐨𝐥𝐯𝐞𝐧𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬 ó 𝐥𝐨𝐧𝐠𝐨 𝐝𝐚 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐚 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐝𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐯𝐚𝐢𝐚 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐨.

Concello de Pontecesures

Falleció Manuel Troáns Chenlo.

A los 83 años de edad, murió ayer domingo este vecino de Carreiras que estaba casado con Maruja Refojo Eitor.

Hoy lunes los restos mortales recibieron sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

O PP de Pontecesures alerta sobre as fugas de auga na rede municipal.

A alcaldesa do noso concello asinou no mes de febreiro de este ano un decreto no que solicitaba os fondos que Augas de Galicia poñía a disposición dos concellos para elaborar auditorías destinadas a minimizar as perdas de auga.

A Pontecesures concedéuselle unha subvención de 6.000€ para dita auditoría, que se leva a cabo durante este ano 2024 e que presenta resultados o 10 de setembro.

A auditoría conclúe que, na estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Condide, o 47% da auga que sae dos depósitos pérdese en fugas que non están controladas, nada máis e nada menos que 227 millóns de litros de auga!

Dí tamén a auditoría que o Concello ten 4 anos para reducir esas perdas e acadar un rendemento do 80% na rede de subministro.

O actual goberno, ao contrario que o anterior, non investiu nin un só euro na mellora dos nosos sistemas de abastecemento e saneamento.

Celebramos o arranxo da perda de auga que dende semanas se localizaba no camiño a Carreiras contribuíndo a esos millóns de litros de auga que se perden irremediablemente todos os anos e que tras avisarmos ao Concello non conseguimos que se lle prestase atención ata que se comunicou pola aplicación que a Diputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos da provincia para a comunicación de incidencias coma estas.

A política medioambiental non debe reducirse nicamente a espallar muráis polo pobo, que tamén está moi ben; preservar e optimizar os recursos naturais estaría, coidamos, moito mellor.

POPULARES DE PONTECESURES

Traballos de mellora de firme en estradas de Pontecesures.

 A vindeira semana, 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐭𝐚𝐫𝐚𝐧𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐟𝐢𝐫𝐦𝐞 𝐞 𝐬𝐢𝐧𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐧 𝐂𝐚𝐦𝐢ñ𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐞 𝐑ú𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐮𝐣𝐚 𝐚 𝐂𝐮𝐜𝐚 (𝐒𝐚𝐧 𝐗𝐮𝐥𝐢á𝐧), polo que haberá cortes puntuais de tráfico durante o luns e o martes no caso de Carreiras.

Resulta precisa a 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐭𝐨𝐭𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐯𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐢𝐬 𝐧𝐨𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐧𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐯𝐚𝐢 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐢𝐫, 𝐱𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐚𝐭𝐨𝐩𝐚𝐧 𝐦𝐨𝐢 𝐝𝐞𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫𝐚𝐝𝐨𝐬. Prevese a aplicación de novas capas de aglomerado asfáltico, que maiormente sobre o firme existente, salvo unha pequena zona na rúa Maruja a Cuca, onde será preciso fresar previamente para non subir o nivel actual da calzada.

Será preciso, asemade, poñer a cota os rexistros existentes (pozos e arquetas).O desenvolvemento das obras pode ocasionar algunha molestia puntual ás veciñas e veciños, pero repercutirán nunha mellora de ambas zonas.

Concello de Pontecesures

Actos festivos en Carreiras.