Morreu Manuela Pérez García «A Miguelona».

No día de onte, aos 91 anos de idade, morreu está veciña de Carreiras que era viúva de Manuel Cascallar Ferreiro.
O velorio está instalado na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 18 horas celébrase a misa na Igrexa Parroquial de Pontecesures e o cadáver recibirá sepultura logo no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Nota íntegra sobre a nula difusión da exposición de Nicaragua.

Con sorpresa observou esta mañá este concelleiro que no semisoto da Casa do Concello estaba exposta a exposición fotográfica «Nicaragua unha realidade viva». Ningún anuncio nos medios, ningún cartel na rúa e atópome que as octavillas de anuncio da exposición estaban amoreadas na ventanilla das oficinas municipais sen repartir a ninguén, aínda que no documento se reflicte que a exposición é «dende o 11 de setembro ata o 13 de outubro».

Pois ben; a exposición non estaba preparada o día 11 (falla de seriedade) e a difusión é ata o de agora nula, facendo constar que hoxe si se podía visitar. Este concelleiro xa criticou en otras ocasións o desinterese do goberno local na difusión dos actos (obra de teatro en Carreiras e un acto da Consellería do Mar na Plazuela), e agora ten que volver a insistir no mesmo. Parece que a desidia está a orde do día no goberno local a pesar da dedicación exclusiva que teñen tres dos seus integrantes, coa conseguinte retribución.

Polo exposto, solicítase que se publicite a exposición canto antes, fixando con claridade o horario de visitas en función do horario de funcionamento da Casa do Concello.

Pontecesures, 17/09/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Reunión da Agrupación Cidadá de Pontecesures.

O pasado 2 de setembro no local coñecido como «Casa da Serrana» de Carreiras (Pontecesures) tivo lugar unha reunión dos integrantes da lista da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) que se presentou ás eleccións locais de maio pasado.

O concelleiro e representante da agrupación, Luis Ángel Sabariz Rolán, informou sobre as diversas xestión realizadas agora na oposición e falouse sobre as actuacións que está a realizar o goberno local.

Os integrantes da agrupación adoptamos dous acordos concretos:

1. Asinar un escrito para presentalo no concello solicitando que se corrixa un feito grave: A exclusión do voceiro da ACP nas comisións informativas permanentes e no escrito se expoñen as razóns da nosa queixa e as solucións para corrixir a inxustiza.

2. Exteriorizar o noso malestar porque nada menos que tres concelleiros (os tres tenentes de alcalde) cobren unha dedicación exclusiva no noso pequeno concello, considerando que é algo que nunca ocorreu en Pontecesures e totalmente innecesario. Nos tempos de crise que vivimos, con fortes recortes nas administracións públicas, resulta incrible que cos nosos cartos teñamos que facer fronte a estas retribucións gastando o goberno local uns 30.000 euros anuais máis en total en comparación co gasto do goberno anterior por estes conceptos, dándose a sensación de que varias persoas presentáronse ás eleccións co obxectivo de solucionar a súa situación laboral persoal.

Periódicamente imos celebrar este tipo de xuntanzas os membros la lista. Adquirimos un compromiso cando nos presentamos como agrupación de electores o 22 de maio e temos que cumprir a nosa promesa de traballo polos interess de todos diante dos nosos votantes e do pobo de Pontecesures.

Pontecesures, 16/09/11

ACP reclama de nuevo que se amplíen las comisiones para dar cabida a Sabariz.

Luis Sabariz, portavoz de ACP.

Los integrantes de la lista con la que Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) concurrió a las elecciones de mayo se reunieron a comienzos de septiembre en Carreiras y firmaron un escrito en el que reclaman al alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, que corrija ??un feito grave? y una ??inxustiza?, en referencia a la exclusión del portavoz de ACP, Luis Sabariz, de las comisiones informativas permantentes. Esta carta fue presentada ayer en el Concello y en ella se pide al alcalde que amplíe a seis ediles la composición de las comisiones. Actualmente son cinco los miembros de estos órganos permanentes, con solo un representante del grupo mixto, del que forman parte ACP y también PSOE y TeGa. Estos dos últimos partidos están integrados en el gobierno tripartito del municipio y sus portavoces, Roque Araújo y Ángel Souto respectivamente, se repartieron la representación del grupo mixto en las comisiones, quedando fuera de todas ellas Sabariz.
La situación, que ya fue denunciada por ACP en el Pleno de constitución tras las elecciones, resulta ??antidemocrática?, ya que se ??limita a participación nos asuntos do Concello á cuarta forza política do municipio?, afirman desde ACP. Esta ??inxustiza? se corregiría, indican, si las comisiones estuvieran formadas por seis concejales: dos del BNG, uno del PP, uno de IP y dos del grupo mixto. De esta manera ACP tendría un representante en dos de las tres comisiones informativas existentes, ??conservando sempre o goberno local a maioría co voto de calidade dos presidentes das mesmas?.

Por otra parte, la ACP manifiesta su malestar porque tres miembros del Ejecutivo cobren una dedicación del Concello, ??algo que nunca ocurrió en Pontecesures? y que supone el desembolso de 30.000 euros anuales en unos tiempos de crisis en los que priman los recortes en las administraciones públicas.

DIARIO DE AROUSA, 17/09/11

Nota íntegra sobre a montaxe do palco en Dodro por operarios de Pontecesures.

O pasado día 29 de xullo, personal de obras trasladou a Fonte Primeiral (Dodro) un palco do Concello de Pontecesures para montar xa que o día 30 se celebrou alí un «Encontro dos Maiores», organizado polo Concello de Dodro.

Nada ten que dicir este concelleiro en canto a que se deixe a instalación ao muncipio veciño (xa se fixo outras veces e resulta importante colaborar sempre para abaratar custos a outro concello nestes intres de crise). Pero o que xa parece insólito é que o persoal do concello tivera tamén que empregar unha parte da xornada laboral en montar o palco no campo da festa. Bastantes labores pendentes ten o persoal de obras do Concello de Pontecesures no noso municipio para ter que traballar no termo municipal de Dodro parte da xornada dese día.

Non lle consta ao asinante da presente, que isto ocorrira algunha vez en Pontecesures. O goberno local está a bater bastantes récords nos dous meses nos que leva a fronte do concello. Temos por primeira vez tres concelleiros quecobran dedicacións exclusivas aumentando considerablemente o gasto para o concello. Por primeira vez colocouse unha barra ambulante das Festas do Carme, prexudicando aos hostaleiros locais. Tampouco lembra que o titular dun vehículo interrompira unha representación teatral como ocorreu en Carreiras hai uns días por non estar informado ao non darse difusión ao acto, e agora isto.

Deséxase saber de quen partiu a decisión esta de que os traballadores prestaran servizos en Dodro. ¿Foi unha decisión do alcalde como xefe de persoal, do primeiro tenente de alcalde, Ángel Souto, como concelleiro delegado de obras, urbanismo e servizos, ou dalgún outro concelleiro do goberno?. Esperemos que se nos aclare este tema.porque nos estraña o sucedido.

Pontecesures, 12/08/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures