Nuevas cofradías celebran su puesta de largo en Pontecesures.

Aunque ya vienen participando en los actos, los dos grupos de Pontecesures se estrenan formalmente como cofradía. Se trata de la de la Virgen de los Dolores, que sale del barrio de Porto y la del Nazareno, auspiciada por el párroco Arturo Lores, que partirá también el viernes desde Carreiras. Ambas se encontrarán en la plazuela, donde al mediodía se celebrará el Sermón de las Siete Palabras, que este año pronunciará el padre Méndez .

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/03/10

Hoxe, 29 de marzo, xuntanza na Igrexa dos xoves que participarán na procesión do Venres Santo.

Será ás 20:30 horas cando terá lugar esta xuntanza dun grupo de xoves, maiores de 15 anos, co párroco, Arturo Lores, para concretar os detalles do desfile procesional de Venres Santo en Pontecesures. Este grupo, ao que lle están a preparar a indumentaria, sairá da rúa Sagasta coa imaxe dunha Cruz, e se atopará na Plazuela coas imaxes do Narareno e da Virxe das Dores, que saen en procesión de Carreiras e Porto, respectivamente.

Cea para celebrar o San Xosé en Carreiras.

Na «Casa de Serrana» de Carreiras, que foi rehabilitada por Salvador o da tenda, haberá hoxe unha cea para unhas 20 persoas do lugar que van celebrar a festividade do día.
O menú da cena é exquisito: xabaril e lamprea.
Será o cociñeiro Rodri Rodriguez Castrelo, asistido por Manuel Lafuente Otero. A lamprea será preparada por Laura, cociñeira de Casa José en Valga.
Aos postres haberá festa por todo o alto coa actuación do veterán acordeonista da Toxa, Jaime Moreiras Buceta. Todo indica que a festa vai rematar a altas horas da madrugada.

José Ramón González Pérez, presidente da Confraría do Nazareno de Pontecesures.

Onte día 18 de marzo, foron elixidos os cargos desta nova confraría, nunha xuntanza que tivo lugar na Igrexa Parroquial de Pontecesures. A confraría encargarase da organización e participación na procesión que sairá na mañá do Venres Santo de Carreiras coa imaxe de Xesús Nazareno coa cruz a costas.

Estes son os cargos elixidos:

Presidente: José Ramón González Pérez
Vicepresidenta: Mª Mercedes González Codesido
Secretario: Cesáreo Braña Núñez
Tesoureira: Mª Dolores Miguéns González
Vocais: Amelia Vicente Pereiras, María Cordo Magán e Mª Mar Mosquera Cascallar.
Camareiras: Margarita González Castro, Gumersinda Portas Jamardo, Avelina Cordo Magán e Mercedes González Iglesias