Biblioteca municipal: Concedida unha subvención de 1.805,60 ? para adquisición de libros.

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura ven de resolver a convocatoria para 2007 do Programa de mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas municipais.

Para a biblioteca municipal de Pontecesures concedeuse unha subvención de 1.805,60 ? que vai contribuir á mellora do servizo.

Agora o concello ten que adquirir os libros e enviar as facturas ó Centro Superior Bibliográfico de Galicia antes do 31 de outubro de 2007.

Exigen a Portos que repare los desperfectos del muelle de Pontecesures que ponen en peligro la seguridad

El concejal de Relacións Institucionais de Cesures, Luis Ángel Sabariz, se ha dirigido por escrito al ingeniero jefe de la zona sur de Portos de Galicia para pedirle que se lleven a cabo una serie de mejoras en el área portuaria, cuyo estado de deterioro supone un peligro para la seguridad de los que circulen por el lugar.

(más…)

Actividades formativas para persoas adultas en Pontecesures.

Educación Secundaria para persoas adultas (ESA)

O Concello de Pontecesures informa de que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA) ao que poden incorporarse todas aquelas persoas maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2007/2008.

Co Graduado Escolar acceden directamente ao 2º nivel de secundaria podendo obter o título nun só curso.

Con Estudios Primarios, EXB ou o primeiro ciclo da ESO sen rematar deberán realizar o 1º e o 2º nivel, podendo acadar a titulación en secundaria en dous cursos académicos.

As clases realízanse en horario nocturno.

Así mesmo, as persoas menores de 18 anos e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que conten cun contrato de traballo e conten con autorización da Inspección Educativa para non continuar no réxime ordinario do ensino.

Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

Pontecesures, 13 de setembro de 2007

Seleccionados os tres peóns para a limpeza de regatos e outras actuacións

Foron seleccionados para esta prestación por seis meses de duración e que foi subvencionada pola Consellería de Traballo os seguintes peóns:

* Dolores Pardal Moure.
* José Luis Vázquez Blanco.
* Nayra Martín Cabrera.

A acta do tribunal, formado por persoal do concello, esta publicada na porta da Casa do Concello, e alí aparecen as puntuacións correspondentes dos aspirantes. Lémbrase que os seleccionados debían seren mulleres sen límite de idade, ou homes maiores de 45 anos, segundo exixe a orde da Consellería de Traballo.

Estes operarios comezarán a traballar posiblemente o luns 17 de setembro.