O concello de Pontecesures

O concello de Pontecesures pertence ás terras ás que tempo atrás lles chamaron «do Ullán», por atoparse bañadas polo río Ulla.

Este pequeno municipio, independente dende hai 70 anos, conta con case 7 kilómetros cadrados e fai fronteira coa provincia da Coruña.
Ten un censo de 3028 habitantes.
Está formada por unha sola parroquia: San Xulián de Requeixo.

 

Situacion_Pontecesures.png

 

Aspectos históricos de Pontecesures

Antes de que os romanos se asentasen nestas terras, existen indicios de que xa as poboaran os fenicios e os íberos, aínda que tamén se poden atopar indicios gregos e cartaxineses.

Cando se fixeron as obras de ampliación do porto de Pontecesures atopouse o que no pasado fora o antigo porto de Iria Flavia.

En canto ó significado etimolóxico de Pontecesures crese que pode gardar relación con CENSURIS, por ser aquí donde se facían os empadroamentos romanos.

Na época romana construíuse unha ponte para unir as dúas marxes do río, o cal foi reformado polo Mestre Mateo na Idade Media. Ainda que o seu aspecto actual débese ás obras de 1911.

O porto de Pontecesures tivo gran importancia, proba disto foi que en época do bispo Xelmírez construíronse aquí uns importantes esteleiros nos que se fabricou a Armada de Castela para loitar contra os Normandos e Sarracenos.

Outra proba de que foi un porto importante e a de que era o único porto con concesión real para a carga e descarga de sal, no século XV.

No ano 1795 o rei Carlos IV manda construir o almacén de Rentas Estancadas do Tabaco.

En 1881 o rey Alfonso XII concedeulle ó pobo o título de Vila de San Luis de Cesures.
Ata 1883 o municipio pertenceu o concello de Padrón e posteriormente ó de Valga, hasta que en 1925 se fixo independente.

Depuradora virtual

Si fai uns días comentabamos que Pontecesures era o Concello máis limpo de Arousa, agora vemos que as rúas están limpas, pero non o que vai parar ó río Ulla.

Segundo unha nova publicada na voz de Galicia (O Salnés y el Ulla precisan un mínimo de tres depuradoras para sanear la ría) : Temos unha depuradora dende fai 10 anos que non foi empregada para caseque nada, carecemos dun sistema de pretratamento, así que verquemos directamente dos sumidoiros ó río Ulla.

Está moi ben ter infraestructura pero cando se emprega de verdade.

Veremos o que pasa a partires de agora, coido que non podemos permitirnos dicir que temos depuradora cando temos só unha «instalación» que aparenta ser unha depuradora, vamos, que é coma ter un pai e telo na América.

O fin do vertedoiro de Pontecesures

Pontecesures, coma moitos outros concellos,  ten un vertedoiro. Tras moitas accións e tempo, a Xunta ven de pechar e acondicionar este vertedoiro

Agora, cada seis meses haberá que facer uns informes para verifica-los parametros de recuperación da zona rehabilitada.

Está máis que claro que o problema dos vertedoiros, controlados e incontrolados non se amañan con concienciación senón simplemente con cartos, cartos para amaña-lo mal feito, e cartos de sancións.

O concello máis limpo de Arousa

Segundo o INE, Pontecesures é o concello máis limpo da Arousa con só un 7% da súa poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Esto contrasta con concellos coma o do Grove no que a porcentaxe e do 70,4%, lembremos que esta porcentaxe é a de poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Outros datos de outros concellos da Arousa que aporta esta estatística do INE son:

- A Illa: 48%
- Vilagarcia: 38%
- Vilanova: 38%
- Catoira: 36%
- Meaño: 36%
- Cambados: 26%
- Meis: 20%
- Ribadumia: 18%
- Valga: 9,25%

Está moi ben ser os máis limpos, pero mellor estaríamos co 0%, si segundo o censo do 2003 hai 3.062 habitantes, temos que uns 214 cesureños non teñen a súa rúa coma sería de esperar … ¿ Alguén coñece algún de estes 214 veciños ou pensa que as cifras non se axustan á realidade ?

!! A polo 0% !!

Raimundo García Domínguez (Borobó)

(1916-2003)
Profesión: Xornalista

Biografía: Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na Guerra Civil forma parte do Exército Republicano, cae prisioneiro no 39 e cumpre o servizo militar en Marrocos.

A partir do ano 1940, Raimundo García comeza a súa traxectoria xornalística e colabora cos xornais El Español, Madrid, La Estafeta Literaria e as revistas Fantasía e Finisterre. No ano 1946 edítase o xornal La Noche, no que Raimundo García ou máis ben Borobó, alcume co que se fixo coñecido, publica os seus famosos artigos chamados «Anacos». Neste xornal ocupou todos os cargos até chegar á súa dirección, cargo que tamén desenvolveu no xornal O Correo Galego e o Chan.
Posteriormente, marcha a Madrid facéndose cargo da subdirección do 3 E, o primeiro xornal económico. Por último, entra como redactor xefe de Archivos na Axencia Efe, onde permanece até a súa xubilación.

Colaborou ademais en La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El Pais, e Blanco y Negro, entre outros.

Recibe no ano 1996 a Medalla Castelao, outorgada pola Xunta de Galicia, e no seguinte ano, o Madrigallego de Ouro. Ademais foi recoñecido co premio de xornalismo Roberto Blanco Torres, co premio da Fundación Otero Pedrayo polo seu mérito na comunicación e no ano 2003 o Concello de Boiro noméao Fillo Adoptivo da vila.

Obras principais: Cómpre salientar os seus artigos «O novelo dos anacos» e «Anacos», as comedias Duce, Duce, ¿Quién mató al Meco?, Elección Parcial, Aura e El complejo de Polícrates e as narracións e guións de cine Xoán Porreás, Tina e La Piñeira.