GRUPO FOLCLÓRICO ALGUEIRADA DE PONTECESURES DENDE 1.996

As clases de baile tradicional, pandeireta, gaita e percusión comezan en outubro de 2024:

Serán nun principio os venres (os máis pequenos) ou os sábados a partires das 16 horas no Ximnasio do CPI Pontecesures.

Información: Teléfonos 659/352996 ou 620/756659.

¡Anímate!, proba. Aínda estás a tempo.

Colabora:

Menos alumnos en el inicio del curso escolar.

La disminución es apreciable. En concreto el CPI Pontecesures contará con 227 alumnos.

XXVI Certame Intercentros. Entrega de premios.

O martes 14 de Maio, tivo lugar o XXVI CERTAME INTERCENTROS organizado pola Anpa do CPI Pontecesures no que participaron alumnas e alumnos de 3º,4º,5º e 6º de EP do CEIP Baño-Xanza (Valga); CEP Ferro Couselo (Valga); CPI Progreso (Catoira) e do CPI de Pontecesures.

.As gañadoras e gañadores recibiron como agasallo, ademáis do correspondente diploma, un precioso agasallo feito polas usuarias e usuarios de ASDIVALU (Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla e Umia).

As alumnas e alumnos de música da ESO ofreceron unha pequena actuación na que nos amosaron as súas habilidades, hai canteira musical en Pontecesures!

Parabéns a todas e todos os participantes pola calidade das súas obras e ás ANPAS dos centros participantes, especialmente á ANPA do CPI Pontecesures polo seu traballo e adicación cos alumnos e alumnas do noso colexio!

CONCELLO DE PONTECESURES

Día da árbore en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures celebrou o venres o día da árbore, xunto coa rapazada de 5º e 6º de E.P. do CPI Pontecesures.

O alumnado foi recibido no entorno do Mirador do Galiñeiro pola Alcaldesa Maite Tocino e a Concelleira de Medio ambiente Pilar García. Alí, axentes medioambientais e cuadrillas de prevención e extinción de incendios colaboraron coas crianzas para facer unha prantación de 50 árbores.

Agradecer ao profesorado que os acompañou, axentes medioambientais, cuadrillas de prevención e participantes que pasaron unha mañá de aprendizaxe, concienciación e diversión no noso monte.

Concello de Pontecesures

Día da Muller en Pontecesures.

Cada 8 de marzo o movemento feminista internacional sae á rúa para reivindicar a igualdade de dereitos das mulleres conseguindo nos últimos anos desenvolver mobilizacións absolutamente históricas.

Hoxe en día, malia os avances que temos conquistado, estamos a ver como os dereitos tamén se pode perder. A violencia vicaria e o cuestionamento da existencia da violencia machista cando 5 mulleres foron asasinadas no que vai de ano e 58 (tres galegas) o foron no 2023 polas súas parellas ou ex parellas son un bo exemplo do camiño que queda por andar.

Tamén vivimos nos últimos meses acontecementos e indicadores preocupantes no ámbito do lecer, do deporte ou das condicións das traballadoras que dependen de contratas públicas e privadas. A fenda salarial de xénero no ano 2022 situouse no 18,7% e son as mulleres as que desenvolven traballos máis precarios con xornadas parciais ou contratación fixa discontinua.

Non só é necesario non dar un só paso atrs, senón que Pontecesures e Galicia precisan pasos adiante para avanzar en igualdade, medidas que aborden a educación en igualdade nos e nas máis novas, medidas que supoñan avances nos dereitos laborais e na mellora dos recursos contra a violencia machista.

Dende o Concello estamos a apostar pola formación en igualdade dos máis novos e novas, a través de obradoiros e formacións en colaboración co CPI Pontecesures pero tamén é necesario o noso exemplo no día a día: nas tarefas da casa, nas responsabilidades no coidado de maiores e cativas, no respecto ás responsabilidades laborais e na valorización do traballo diario.

Só deste xeito podemos camiñar hacia unha sociedade igualitaria e plena en dereitos e garantías.

Concello de Pontecesures

O martes 20 de febreiro, xornada de portas abertas no CPI Pontecesures.