Un neno de oito anos sofre feridas nunha perna tras ser atropelado por un coche en Eugenio Escuredo.

Un neno de oito anos de idade resultou ferido nun atropelo que tivo lugar na tarde de onte na zona do peirao de Pontecesures, nas inmediacións do lugar no que se estaba a celebrar unha festa infantil neses intres. O atropelo produciuse arredor das catro e media da tarde na rúa Eugenio Escuredo, á altura da curva do Telleiro.
O rapaz, que non estaba acompañado polos seus pais, senón por un amigo, cruzou a estrada dende a marxe máis próxima ao río cara a zona na que estaban instalados os xogos e inchables da festa infantil. Antes de atravesar a calzada mirou cara o lado dereito para comprobar si se achegaban vehículos pero, ao parecer, non mirou á esquerda, segundo explicou máis tarde a Policía Local de Pontecesures. Era precisamente pola esquerda por onde se achegaba o coche que finalmente atropelou ao neno, que reside no municipio de Dodro.

O condutor, veciño de Pontecesures, tentou evitar o accidente e realizou unha manobra evasiva en canto se percatou da presenza do peón na calzada, pero non foi quen de evitar o atropelo. Bateu co corpo do neno á altura do espello retrovisor dereito e o menor saiu rebotado a consecuencia do impacto. O rapaz sufriu feridas nunha perna, que posiblemente tiña rota, e foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/11

Carta do candidato da ACP, Luis Sabariz, aos veciños/as de Pontecesures.

Prezado/a veciño/a

Como ben saberás, os compañeiros/as da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) depositaron na miña persoa a responsabilidade de encabezar a candidatura coa que nos presentamos ás eleccións municipais do 22 de maio. En primeiro lugar quixera agradecer publicamente ás persoas que conforman ACP a súa confianza en min e o seu desinteresado traballo en favor de Pontecesures. Podo asegurarvos que todos os compoñentes desta agrupación encaramos, cargados de ilusións e de proxectos de futuro, estes comicios.

Nesta pasada lexislatura, o traballo dos representantes de ACP propiciou a estabilidade do goberno municipal, prestixiando a institución e superando situacións anteriores onde as irregularidades, os enfrontamentos e a limitación dos dereitos estaban á orde do día.

O labor foi importante. As actuacións no campo de fútbol, no pavillón, na biblioteca, na praza de abastos, na Prazuela, no cemiterio municipal, no albergue de peregrinos, na Praza do coche de pedra, nos parques, nas rúas centrais e nas dos diversos lugares, as obras de saneamento en Grobas e Fenteira, en Carreiras, no monte de Porto, a potenciación de eventos festivos como a cabalgata de reis, as festas patronais, a festa do churro, o desfile de entroido, os festivais folclóricos, son algúns dos logros incluídos nunha xestión moi digna, deixando ao concello nunha aceptable situación económica nesta situación xeral de crise.

Quero facer especial fincapé no ferrocarril porque consideramos que temos, dende o Concello, que facer todo o posible para que a entrada en servizo do AVE non ocasione a supresión do tren en Pontecesures. ? decisivo seguir loitando para que teñamos sempre un tren de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.

Teño que dicir, con toda humildade, que sei que o meu esforzo e dedicación é valorado positivamente polos veciños/as, cousa que sinceiramente agradezo. Pois ben; o 22 de maio é a data para demostrar ese apoio á ACP co teu voto, xa que sin el non é posible seguir traballando por Pontecesures e por todos vós.

Unha aperta.

Castro quiere repetir en el gobierno para sacarse su «espiña cravada» y crear un Auditorio en la villa.

Tras dieciséis años en política, Maribel Castro tiene una «espiña cravada». el no haber podido dotar al municipio de un local cultural. Es el principal objetivo que se marca de cara a la próxima legislatura, el proyecto estrella al que ayer se refirió en el acto de presentación de la candidatura de Independientes de Pontecesures (IP). Castro quiere habilitar «un pequeno Auditorio» ya para ello, afirmó, ya ha mantenido contactos con varias familias de la villa para pulsar la posibilidad de adquirir «algunha das casa que hai no pobo» para reconvertirla en un espacio en el que potenciar las actividades artísticas y culturales. Además, su programa también incluye la creación de locales sociales.
En el acto, celebrado en el Centro Social, y que concluyó con un aperitivo para los vecinos y simpatizantes que asistieron, la actual alcaldesa hizo balance de una legislatura en la que destacó obras como la mejora de la Plazuela y de las aceras de las calles centrales, el saneamiento de Graobas y Fenteira, la consecución del albergue de peregrinos, mejoras en el pabellón, bilbioteca, cementerio y la creación de la Festa do Churro, que se ha revelado como todo un éxito y que IP incluyó en su programa electoral en 2007. «As palabras lévaas o vento, pero os feitos quedan», afirmó. En estos cuatro años, dijo, «sempre estiven pendente das necesidades dos veciños, coñecer os seus problemas e resolvelos». Además, incidió, «todos os cidadáns puideron entrar con liberdade no Concello, déuselles información sen impedimentos, mideuse todo o mundo coa mesma vara….Estou orgullossa de todo o que se fixo», concluyó.
La alcldable no pasó por alto algunos amargos que tuvo que vivir. «Pódense dicir moitas cousas, pero non se pode mentir sobre unha realidade demostrada», dijo en relación a las «calumnias» del BNG, que la acusó de haber mejorada su casa con dinero público del proyecto de mejora del Regato de la Chancela. El tema está en el juzgado, tras presentar Castro una querella contra los nacionalistas. «Non podía deixar de denunciar semellante calumnia xa que esa era unha obra de Medio Rural» en la que se actuó únicamente en dominio público, reiteró. Tampoco fue fácil «ter que tomar decisións duras», como las que afectan a la vivienda en O Rial con orden de demolición. «Recibín crítica moi duras, pero fixéronme forte e déronme máis ilusión para seguir».
En este repaso de la última legislatura, Castro no escatimó críticas hacia alguno de sus compañeros en el gobierno, concretamente hacia el teniente alcalde Rafael Randulfe, concejal del PP y que concurre el 22-M con un partido independiente. Refiriéndose a él dijo que hay gente que «nin traballa nin deixa traballar» ya que «Randulfe xa leva un tempo sen facer nada neste tripartito».
La experiencia como alcaldesa ha resultado positiva para Maribel Castro ya que «son moitos os veciños que, aínda sen ter votado a IP, valoran o meu esforzo e adicación». Define estos años como «unha etapa curta, intensa e chea de satisfaccións» en la que, «se estou orgullosa de algo, é do traballo levado a cabo». De ahí que quiera repetir y volver a ser la regidora de Pontecesures en la próxima legislatura para lo que pidió el voto a todos los asistentes al mitin. «O nos eslogan di: Acabamos de chegar e xa fixemos moito. Pero queremos facer aínda máis», concluyó.

DIARIO DE AROUSA, 08/05/11

«Eu funlle moi fiel a Angueira; e a Maribel tamén».

Luis Ángel Sabariz, candidato da Agrupación Cidadá de Pontecesures, e membro do goberno.

O edil de Relacións Institucionais defende seu pacto con Castro e o PP
Tralo seu fugaz paso polo PSOE, Sabariz volve encabezar a Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP).
-¿Non son sete moitas listas para Pontecesures?
-Foi unha sorpresa motivada polas escisións do PP, que derivaron en dos listas máis. En Pontecesures non hai tanta inquedanza política. Semella que foi máis unha pelexa por ser cabeza de cartel.
-¿E non afectará a gobernabilidade?
-Pode motivar dificultades para formar goberno, pero tamén ten consecuencias positivas, como que haxa que consensuar as decisións. Nós xa temos experiencia en gobernar nestas circunstancias.
-¿Con quen gobernou mellor, con Angueira ou Castro?
-Con Angueira fixemos un moi bo traballo. Eu funlle moi fiel. Melloramos o colexio, o club náutico e moitas outras cousas. E a Maribel (Castro) tamén. Con Angueira xurdiron discrepancias e pasou o que pasou.

-¿Se hai catro anos, cando se presentou polo PSOE, Angueira non encabezara o BNG tería vostede gobernado cos nacionalistas?
-O problema era Angueira. En absoluto o BNG. E iso xa o dixemos no seu día.
-Valore estes catro anos de goberno.
-Sacamos boa nota. A pesares de que os tres concelleiros do PP estiveron o derradeiro ano e medio un pouco apartados da xestión do goberno.

-¿Cales son as súas propostas para estes comicios?
-Na situación económica que vivimos hai que facer o que se poida. Nós facemos unha defensa a ultranza do tren de proximidade. Queremos tamén mellorar o monte municipal e aproveitar as augas naturais que hai nel. Propoñemos seguir a facilitar a participación da xente nos plenos, porque cremos na transparencia na xestión e en que haxa garantías na selección do persoal, que se faga con publicidade e equidade.
-¿E cando fala ca xente pola rúa que sensación ten?
-Ben. O prognóstico era que este goberno durara tres meses, que fora unha catástrofe, e non foi así. Fixemos moitas cousas, como o campo de fútbol, a mellora da rúa Deputación, da Plazuela, do alumeado, o arranxo da zona de Porto e das instalacións deportivas, o desfile de Entroido ou a Festa do Churro. Pero a min me parece que no que si melloramos moito foi no mantemento. Hai máis limpeza e coidado das instalacións municipais.

-E falando de festas, ¿como vai a da Lamprea?
-Estase potenciando. En boa lóxica, haberá que tratar de dinamizala, porque é un dos sinais de identidade de Pontecesures ao que non podemos renunciar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
4 de setembro de 1956, Vilagarcía
Funcionario da Administración local
Casado con tres fillos
Presentouse por primeira vez en 1999 como segundo da lista da ACP. Foi concelleiro e no 2003 encabezou esta lista, que tamén acadou representación. De 1999 a 2006 gobernou con Luis Álvarez Angueira (BNG). No 2007 presentouse co PSOE, do que foi expulsado por entrar a gobernar con Maribel Castro e o PP.

LA VOZ DE GALICIA, 05/05/11

FESTA DA XUVENTUDE(Por ser orixinais…máis que nada)

A PONTE

VENRES 13 DE MAIO

Ás 22:30 GRAN VERBENA a cargo de:

-ORQUESTRA ATLANTA

-GRUPO ALCOTAN

Festa para pasalo ben…carallada para todas as idades.
Carro posto pola comisión.

Coa colabooración especial de RADIO VALGA.

PATROCINADO POLAS EMPRESARIOS DA PONTE:
-CASA FARRUCAN
-JOYERIA RIVEIRO
-CONFECCIONES OLFARE
-AGROSAR
-CURVADOS ANROS
-BAR OBRADOIRO
-CARPINTERIA CHEMOS
-BAR MUELLE
-FLORISTERIA IRIA

HABERÁ SORTEOS ENTRE OS ASISTENTES

SÍGUEO NO FACEBOOK

Semana Santa e Pascua en Padrón.

Padroneses e visitantes da capital do Sar prepáranse para desfrutar das dúas semanas grandes do ano. Semana Santa coas tradicionais procesións polas rúas e demais actos litúrxicos de ritual seguidos con recollemento e fervente devoción, para dar paso coa explosión de alegría popular a outra semana, de Pascua, na que de novo será un padronés, José A. Pérez Docampo, subdirector de EL CORREO GALLEGO quen pronunciará o pregón dunhas festas que ademais das atraccións dun amplo programa que sempre esperta grande interese entre propios e forasteiros, nos brinda iste ano a novidade da Feira dos Cinco Continentes da que xa a prensa diaria ofreceu información e que ata o de agora só puido admirarse en Galicia, nas cidades da Coruña e Vigo.
E sen desmerecer por suposto, coa tradicional feira Cabalar, asemade a de Maquinaria Agrícola e Industrial e numerosas atraccions máis, orquestras, os postos de degustación do polbo á feira , etc. Pero sen esquecer claro está, o festival dos Touros.
!Ah, os Touros! Habería que remontarse ata o ano 1916. Foi nos días 23 e 24 de abril, datas que curiosamente se repetirán este ano, nada menos que 95 anos despois. Case un século. Entonces foi un grupo de padroneses entusiastas da Festa Brava, con don Emilio Latorre, José Abalo, Santiago Ferreirós, o señor Rajoy, de Carcacía e outros os que organizaron o festival taurino coa lidía de seis becerros da acreditada gandería de D. Antonio Z. de Clairac habendo sido principal espada e director de lidia o popular Manuel Escudero ??Barquerito?.
A concurrencia de público foi tan grande ,se dixo entón, como poucas veces se recordaba en Padrón. No festival deste ano serán espadas, José Marí Lázaro, Julian Simón, Javier Durán e Valentín Mingo. Por outra banda ??Fillos de Padrón? fará entrega o Domingo de Pascuíña seguindo o costume xa tamén tradicional, das insignias da Irmandade aos padroneses e padronesas distinguidos. Padrón espera de novo milleiros de visitantes que serán recibidos cos brazos abertos e coas máximas atencións como honorables pascueiros.

Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 19/04/11