Carta do candidato da ACP, Luis Sabariz, aos veciños/as de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Prezado/a veciño/a

Como ben saberás, os compañeiros/as da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) depositaron na miña persoa a responsabilidade de encabezar a candidatura coa que nos presentamos ás eleccións municipais do 22 de maio. En primeiro lugar quixera agradecer publicamente ás persoas que conforman ACP a súa confianza en min e o seu desinteresado traballo en favor de Pontecesures. Podo asegurarvos que todos os compoñentes desta agrupación encaramos, cargados de ilusións e de proxectos de futuro, estes comicios.

Nesta pasada lexislatura, o traballo dos representantes de ACP propiciou a estabilidade do goberno municipal, prestixiando a institución e superando situacións anteriores onde as irregularidades, os enfrontamentos e a limitación dos dereitos estaban á orde do día.

O labor foi importante. As actuacións no campo de fútbol, no pavillón, na biblioteca, na praza de abastos, na Prazuela, no cemiterio municipal, no albergue de peregrinos, na Praza do coche de pedra, nos parques, nas rúas centrais e nas dos diversos lugares, as obras de saneamento en Grobas e Fenteira, en Carreiras, no monte de Porto, a potenciación de eventos festivos como a cabalgata de reis, as festas patronais, a festa do churro, o desfile de entroido, os festivais folclóricos, son algúns dos logros incluídos nunha xestión moi digna, deixando ao concello nunha aceptable situación económica nesta situación xeral de crise.

Quero facer especial fincapé no ferrocarril porque consideramos que temos, dende o Concello, que facer todo o posible para que a entrada en servizo do AVE non ocasione a supresión do tren en Pontecesures. ? decisivo seguir loitando para que teñamos sempre un tren de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.

Teño que dicir, con toda humildade, que sei que o meu esforzo e dedicación é valorado positivamente polos veciños/as, cousa que sinceiramente agradezo. Pois ben; o 22 de maio é a data para demostrar ese apoio á ACP co teu voto, xa que sin el non é posible seguir traballando por Pontecesures e por todos vós.

Unha aperta.


10 comentarios

currante · 10-05-2011 a las 12:33

Tanto conto que non estabas animado a presentarse ,e ahora parece que ves pidindo limosna ,que homiño mais humilde ,no me creo nada……

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-05-2011 a las 14:16

Conto pouco «currante». Na ACP temos ilusión e compromiso, e na carta trato de transmitirllo aos veciños. Parece que non che senta ben nin o feito de que me presente de novo nin o texto da carta. Que lle imos facer, outra xente pensa o contrario.

Tachenko · 10-05-2011 a las 16:51

Si, sobre todo as caixeiras do supermercado, que non sacas as mans do bolsillo nin para coller unha bolsa, nin lles dis hola nin adios, bo exemplo dun gobernante. E o que se ve…

estudiante · 10-05-2011 a las 18:55

ABURRES

voltou a choiva · 10-05-2011 a las 19:15

pero será posible contigo, Sabariz,
como dis: Nesta pasada lexislatura, o traballo dos representantes de ACP propiciou a estabilidade do goberno municipal
houbo representantes de ACP nesta lexislatura que está rematando? ou houbo concelleiros expulsados do PSOE,

Caminante · 10-05-2011 a las 22:53

Por partes; ten razón » voltou a choiva» no seu comentario. O que había eran dous concelleiros non abscritos. A non ser que dende o principio o de ir no PSOE fora todo unha farsa… xa sabe, o inconsciente nunca erra.
Tamén ten razón «currante» no seu comentario. Fai mese, todos puidemos ver neste medio (acaparado) unha nova na que vostede falaba, máis ben choraba, de que senón estaba animado, que igual non se presentaba. Parecía vostede deprimido, triste, falto de cariño popular… E mira ti por onde, todo cambia, voltan os ánimos, a alegría, os antes ausentes ánimos, como se unha «revelación divina» o iluminara. A confirmación do candidato do BNG Sr. Angueira foi a súa revelación divina, o sinal -si el vai eu tamén, quero estar preto del, mi vida, mi guía, mi faro, mi OBSESI?N-.
Para rematar, me pareceu de mala persoa o comentario sobre Conchi. Comentario de xente na que non se pode confiar. As cousas de partido, quedan dentro do partido, independentemente de que catro anos despois vaian noutra lista.

javahacks · 10-05-2011 a las 23:35

A motivación do Saba é Angueira, «currante». Este home está enfermo, e nn debedes de alimentar os seus fantasmas e obsesións… Deixadeo estar, chegalle o que xa ten

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-05-2011 a las 23:38

Es curioso que con tantas entradas que hay en este medio, lo fundamental para alguno sea criticar mi carta a los ciudadanos. Magnífico síntoma para la ACP, cuando nos dicen esas cosas, es que consideran que vamos bien.
Obviamente, somos concejales no adscritos y ahora representamos a la ACP al ir en las listas. Creo que esto está muy claro, «voltou a choiva».
Parece, «Caminante», que te disgusta que me presente a las elecciones. Pues, sinceramente, bastante gente me animó a hacerlo y aquí estoy al sentirme con fuerzas para hacer cosas. El comentario sobre lo ocurrido con Concepción Gómez Figueiras es una verdad como un templo. Es tan no adscrita como yo y como Alfonso Diz, y no quería, por nada del mundo, que los dirigentes socialistas nos impusieran un pacto que nos aseguraron que no habría. Los vecinos deben de saberlo. Y en estos días tengo que decir más cosas al electorado, naturalmente.
El comentario de «javahacks» en la línea de siempre. Mala educación con el objetivo de desacreditarme por cualquier medio. No me preocupa, nosotros a seguir con nuestra campaña.

maribel cartos · 11-05-2011 a las 12:01

Resentido, contradictorio, volveu convencer a unha nova tropa de ilusos para ir na súa lista. Agora fanlle falta; logo como sempre, este personaxe individualista, ególatra e querido de si mismo, si consigue os seus propósitos, non volverá contar con eles ata a próxima, ¿será por fin esta a ocasión de acabar con esta cadea de favores?

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-05-2011 a las 14:01

Pois tampouco a «maribel cartos» lle gustou que fixera lista, polo que expón. Respecta á xente que somos, e deixate de favores e outras historias. Traballo, compromiso, e logros. Iso é o que se escoita. Reitero: as críticas infundadas son o mellor indicador de que as cousas van ben.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.