Campaña de trampeo de velutinas en Pontecesures.


No Concello de Pontecesures iniciamos o 15 de marzo o trampeo da vespa velutina. Entendemos como trampeo a colocación estratéxica das trampas no rural como no núcleo urbano, ca finalidade de controlar a expansión e plaga desta especie invasora. Foi realizada por Mel Casa Sara en colaboración co Concello, e a Alcaldesa Maite Tocino estivo presente na actuación.

Coa fin de reducir o seu impacto ambiental, as trampas constan de orificios que permiten a non entrada e saída de insectos polinizadores beneficiosos para o medio ambiente, pero que Si reteñen as raiñas e obreiras da Vespa Velutina. A recollida de datos, baséase principalmente nunha precisa colocación de ditas trampas, en lugares extratexicamente colocadas, e sempre en colaboración cidadá.

Para a colocación de ditas trampas, dividiuse o Concello en 4 zonas cun total de 80 trampas con control e recollida cada 15 días, colocadas de maneira proporcional :
1 zona /Condide-Paxareira-Carreiras
2 zona /Toxa-Grobas-Fenteira-Cachopa-San Xulián
3 zona/Centro da vila-Zona Peirao
4 zona/Sur e Norte de Porto-Redondo

A campaña de trampeo remata o 30 de Xuño.

Concello de Pontecesures

Papá Noel mañá en Pontecesures

ESTE DOMINGO 24 DE DECEMBRO

Saída a partir das 11 horas da nave de obras pasando por:-Grobas e Fenteira 11:20-Pista Barosa – Carreiras 11:45-Doutor Mosquera -Redondo-Avenida de Arousa-Praza dos Valeiros 12:15-Rúa Deputación-Carlos Maside-Camiño dos Mariñeiros-Travesía do Muelle-Estación – Rosalía de Castro 12:45-Rúa Sagasta e Víctor García-Rúa do Pilar-P. Forneiras – Parque – R. Mimosas – Pino Manso 13:15-Infesta – Rúa Ullán-Chegada á Prazuela sobre as 13:30 horas.

Concello de Pontecesures

OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO A GROBAS.

O Concello de Pontecesures está executando as “Obras de Mellora do camino de Acceso a Grobas”.

Esta actuación consiste nunha actuación integral de mellora do antedito viario, no tramo que se atopa en peor estado, que é o que vai desde o inicio do mesmo na PO-214 ata Grobas.

Actualmente os camiño contan cun pavimento de aglomerado asfáltico e unha sección constante de 5,80 metros, agás no enlace coa PO-214, onde se amplía a sección ata os 10 metros.

O firme presenta un estado batante heteroxéneo, pero atópase en xeral bastante deteriorado polo intenso uso e pola forte pendente, con moitas zonas nas que o pavimento asfáltico está agrietado e desagregado, chegando a formarse fochancas nos puntos máis conflitivos.

O viario necesita, ademais dunha renovación da súa capa de rodadura, dunha limpeza de marxes, tanto por cuestión de seguranza do tráfico (rodado e peonil) como para mellorar a durabilidade do asfalto.

As obras executadas para a mellora da súa pavimentación son as seguintes:

– Limpeza de marxes

– Fresado de 5 cm do aglomerado asfáltico actual nos enlaces

– Varrido do firme actual por medios mecánicos

– Rego de adherencia

– Capa de 6 cm de MBC tipo AC16 surf D-12

– Marca vial continua mediante pintura reflexiva con microesferas de vidro.

Esta obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 30.960,28€ dos que 25.587,01€ son financiados pola Xunta de Galicia a través do AGADER e 5.373,27€ pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 Liña 1.

EXCELENTES RESULTADOS NA CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.

O pasado 15 de Marzo dou inicio unha campaña de trampeo para o control da vespa velutina.

Dividido o termino municipal en 4 zonas colocáronse un total de 70 trampas distribuídas uniformemente e nos lugares axeitados para unha maior eficacia nas capturas das raíñas.

ZONA 1: Condide-Paxareira-Carreiras

ZONA 2: Toxa-Grobas-Fenteira-O Castro-San Xulián

ZONA 3: Centro da vila-Zona peirao

ZONA 4: Sur e Norte de Porto-Redondo

Na primeira recollida das trampas correspondente ao período Marzo-Abril capturáronse 280 raíñas velutinas.

Dita cifra incrementouse na segunda revisión correspondente ao período Maio-Xuño no que xa se levan capturadas 325 raíñas velutinas.

Son unhas excelentes cifras de capturas, xa que superan a día de hoxe os 600 exemplares que, doutro xeito, darían lugar a máis de 600 niños primarios no noso concello.

O número de chamadas ao concello reduciuse considerablemente este ano coa implantación de estes trampeos, aínda así, tan importante coma o trampeo primaveral é a retirada dos posibles niños que xurdan ata o mes de outubro para evitar a fin do ciclo biolóxico da especie.

Para elo lembramos que a comunicación de niños de velutina farase a través do teléfono 012 do servizo de recollida de avisos de niños de vespa velutina ou no teléfono do Concello 986-557125