• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraCONCELLO DE PONTECESURES

CONCELLO DE PONTECESURES

COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.

15-01-2021 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Unha vez máis, dende o Concello de Pontecesures queremos facer un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións evitando xuntanzas con persoas non convivintes, mantendo a distancia social, usando a máscara incluso con familiares e extremando tamén as medidas de hixiene de mans.
Recórdase que as autoridades competentes poden solicitar en calquera momento que se xustifique debidamente o motivo polo que se están movendo a un concello perimetrado. No caso de que a xustificación non sexa válida proporán para SANCIÓN á persoa ou persoas que estean a facer caso omiso desta normativa. Ademais, infórmannos de que as forzas e corpos de seguridade do Estado van a por en marcha unha labor de especial de vixilancia nas entradas e saídas dos concellos perimetrados, intensificando o control en centros comerciais, supermercados, tendas e grandes superficies co fin de evitar que a poboación se salte as restricións.
Sabemos que son unhas medidas duras, pero é necesario que as acatemos para evitar un confinamento total como o que vivimos o pasado mes de marzo.
Preme no seguinte enlace para ver todas as restricións.

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Nivel-Maximo

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, Pontecesures, sergas

COMUNICADO SOBRE A PARALIZACION NAS ACTIVIDADES NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS LOCAIS.

15-01-2021 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Ante o notable incremento de casos COVID rexistrados nos últimos días no concello e tendo en conta as novas restricións impostas polas autoridades sanitarias na nosa zona, o Concello de Pontecesures, logo de ter coñecemento da intención de suspender temporalmente a actividade que realizan algúns clubs deportivos e asociación culturais, e constatar que otras entidades asociativas locais xa non estaban realizando os seus adestramentos/ensaios/actividades, solicitou no día de onte facer extensivo este cese temporal ao resto de clubs e/ou asociacións deportivas e culturais locais que continúan a desenvolver a súa actividade a fin de minimizar os desprazamentos e de evitar os contactos fóra do estrictamente necesario ao máximo, atopámonos cunha pronta resposta positiva na case totalidade destas entidades locais.
A pesares de ter constancia de que o risco de contaxio é baixo, xa que tanto clubs como asociacións deportivas e culturais están a seguir os protocolos establecidos para a realización das súas actividades de xeito rigoroso, o Concello de Pontecesures considera esta medida moi positiva e aplaude a responsabilidade e compromiso que están a amosar estes colectivos para, entre todos, contribuir a frear a expansión do virus e salvagardar a saúde de toda a veciñanza. Asimesmo, agardamos que o resto do tecido asociativo e deportivo municipal se una á loita.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, Pontecesures, temporal

VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021

12-01-2021 por CONCELLO DE PONTECESURES 1 comentario

Podedes ver o video presionando no seguinte enlace:

https://youtu.be/5avTUWt0Tlg

Archivado en:Sin Categoria

PECHE TEMPORAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

8-01-2021 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:biblioteca, temporal

OBRAS REALIZADAS NO CONCELLO FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

30-12-2020 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

O Concello de Pontecesures ven de rematar as seguintes obras:

  • Melloras nas redes de Saneamento e Abastecemento

A obra consistiu na mellora nas redes de Saneamento e abastecemento en distintas rúas do Concello, en concreto: Avenida de Vigo, Rúa Carlos Maside, Rúa Ullán e Rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.

A obra foi contratada á empresa Construcciones Caldevergazo S.L. por un importe de 48.791,12€, dos que 45.735,74€  foron financiados a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra  e 3.055,38€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.

  • Subministro de Mobiliario para a Praza do Coche de Pedra

Para mellorar non só a imaxe da praza, senón tamén e sobre todo a súa funcionalidade, dotouse de novos bancos, de maiores dimensións, de deseño máis acorde co entorno co uso (coa posibilidade de ser usados non só por un dos lados); de novas papeleiras máis funcionais e estéticas; de aparca – bicicletas que mellore o uso da praza e favoreza a mobilidade non motorizada no centro urbano; e de un punto de recarga de teléfonos móbiles, que tamén favoreza o uso da praza como espazo de estancia e relación.

En concreto, instaláronse tres bancos, dúas papeleiras, tres módulos de aparca – bicicletas, e un punto de recarga.

O subministro do Mobiliario foi contratado á empresa Electricidad y Contratas Edison Galicia SL por un importe de 11.260,26€ financiados a través da reinversión da baixa da obra “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Público” do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, obras, Pontecesures, Pontevedra, Vigo

¡¡¡ ULTMAS NOVAS DAS SSMM OS REIS MAGOS DE ORIENTE !!!

29-12-2020 por CONCELLO DE PONTECESURES 1 comentario

As súas Maxestades déronse presa ….¡¡¡. A carón do árbore de Nadal dentro da Casa do Concello xa apareceron esta mañá os regalos que os Reis habían comprometido para as nenas e nenos de Pontecesures.Xa están sendo trasladados e custodiados polos Municipais ata as oficinas de Correos de Pontecesures para que comece o seu reparto.Con este xeito tan excepcional de facer chegar os xoguetes este ano por mor da pandemia vai a ocorrer que algún dos sobres cos regalos cheguen antes do día 5 de Xaneiro, xa que, como dixemos, o reparto este ano farao o persoal de Correos e non Melchor, Gaspar e Baltasar por estar respectando os protocolos COVID.¡¡¡ Disfrutade dos regalos… e sentidiño…. !!!

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, nadal, Pontecesures

  • Ir a la página 1
  • Ir a la página 2
  • Ir a la página 3
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 284
  • Ir a la página siguiente »

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Número de infectados COVID (datos deste sábado).
  • El alcalde de Valga asume que los 130 positivos subirán: “Quédense en casa todo lo posible”.
  • Restauración da Bandeira do Carmelo.
  • O alcalde de Pontecesures moi preocupado polos contaxios da COVID-19.
  • Dtos de infectados pola COVID na zona.

Comentarios recientes

  • Agustín iglesias crespo en Treinta años entre Pontecesures y Angola.
  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

correo gallego Angueira Catoira Concello fiesta sabariz a ponte pp sar Pontevedra Pontecesures fútbol tripartito Caldas sábado plaza iglesia n-550 tren Historia fin de semana río ulla festa obras Campaña santiago Ulla Porto pleno Diario de Arousa concurso BNG curso Vilagarcía lamprea Maneiro ACP faro de vigo la voz de galicia protección civil padrón psoe valga xunta Vigo

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños