A actuación das nenas do grupo de danza da ANPA do CPI Pontecesures, foi no Centro Social.

Como onte venres tivemos unha tarde de choiva e fresca o festival de danza, incluído nas Festas do Carme 2008, celebrouse no Centro Social de Pontecesures coa asistencia de bastante público.
Participou tamén un grupo de nenas da Escola Municipal de Danzas de Lalín cuxa presenza foi agradecida pola organización do evento.
? rematar o acto unha das nenas máis pequeniñas entregoulle un agasallo á monitora, Sonia Míguez, polo labor que fixo en Pontecesures perante estes meses.
Fíxose un chamamento ós pais/nais para que a actividade extraescolar de danza da ANPA do CPI Pontecesures teñe no curso 2008/2009 máis alumnado.

Retrouso presenta a sétima edición do seu festival con novas actividades e concertos

O VII Festival Retrouso celebrarase o sábado, 12 de xullo, no eirado de Cela (Bueu)

A Asociación Cultural Retrouso presenta en sociedade o proxecto do seu VII Festival Retrouso, que se celebrará no eirado de Cela (Bueu) o sábado, 12 de xullo de 2008. Seguindo a experiencia dos dous últimos anos, nos que combinou a celebración do festival coa organización dunha xornada de xogos en Chans (Chanscontro), Retrouso vai encher o día do festival de actividades:

(más…)

Xarandeira participará no Festival Folclórico de Barro.

O sábado día 5 de xullo, ás 20:30 horas se celebrará no Campo da Crega (onde se celebra o mercadillo) de Barro, o XV Festival de Folclore organizado polo grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Ademais deste grupo participará o grupo de danza galega Embruxo de Guillán (ACD Fontefría), o grupo de baile Xarandeira de Pontecesures e o rancho folclórico Baldepasos de Portugal.
Sortearanse entre os asistentes ó festival tres cestas con productos típicos.