O festival taurino da Pascua e outras cousas.

No Tierras de Santiago do derradeiro martes, 1 do mes en curso, causounos sorpresa ler en Cartas del Lector, unha da santiaguesa Paula Varela na que, entre outras cousas, amosa o seu desencanto coas festas padronesas da Pascua, e sobre todo co festival taurino que seguendo a tradición se celebra na vila do Sar durante as súas famosas feiras e festas anuais.

Respectamos todas as opinións, pero desde logo non compartimos ningunha das que na citada carta expón esta señorita, ou dama, compostelá. Di ela, entre otras cousas, que «las fiestas de la Pascua, apenas tienen nada de original».

Non obstante algo terán, digo eu, cando como ela mesmo recoñece «le da mucha pena pena ver la gran importancia que cada año se le da».

En canto a que «no tienen nada original». Pois mire vostede: Como feiras e festas tradicionais, a feira cabalar, por exemplo, adoita ser todos os anos, iso, de cabalos, e o festival dos touros, o que pode variar e a gandería e os destros. Polo demais, os pulpeiros cobran coma todo o mundo que ten que vivir do seu traballo. Así mesmo as atracións e outros espectáculos. Como en calquera outra parte, xa ve vostede, en iso tampouco hai orixinalidade.

Mais tamén cita os políticos e di que lles falta coherencia. Eu creo que tamén a vostede lle falta, pois son varias as contradicións que na súa carta e doado apreciar. E sen entrar en detalles, eu diríalle que algo tera esa festa con » acento andaluz» e esa tradición que como vostede ben di «llena las gradas», pero non para gozar co sufrimento dos animais, senón coa valentía e a arte dos lidiadores, pero ese lado da contenda vostede non o sabe apreciar ou non o quere ver.

E rematamos non sen antes lembrarlle que son milleiros os composteláns veciños seus que dende moitos anos, diría eu que dende sempre, e estamos seguros continuarán, gozan das festas padronesas, coma os padroneses das compostelás.

De calquera maneira se vostede como di, deixa de vir a Pascua, ben, que quere que lle diga, iso xa e problema seu, vostede o perde xa outros virán. Claro que é moi libre de elixir o destino, como fan moitas persoas que se desprazan a Cancún, poño por caso, e outros países e lugares exóticos, aínda que non coñeza a nosa querida e marabillosa Galicia e España, máis alá do Padornelo…

Por José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón. TIERRAS DE SANTIAGO, 22/04/08

O grupo folclórico «Algueirada» de Pontecesures actúa nun festival en Mieres o sábado día 19 de abril.

FOLIXA DE PRIMAVERA

Sábadu, día 19 20:30 h.
Alcuentros col folclor nel Parque Xovellanos (Mieres)

-Actuación Bande de Gaites «Mieres del Camín»
-Actuación Grupu Folclóricu «L’Artusu»
-Actuación Grupu Folclóricu «Algueirada» de Pontecesures (Pontevedra)
-Actuación y entrega de premios VI Troféu de Gaita Asturiana «Memorial Chema Castañón».

Organiza y patrocina Conceyalía de Cultura, Ayto. de Mieres.

O polifacético Daniel Seijas nominado finalista para a Gala «Arousán do ano 2007», apartado de Cultura.

Os membros do xurado dos premios Arousán do ano nas diferentes categorías tiveron que analizar un total de 51 candidatos finalistas propostos polos lectores do Diario de Arousa. O xurado estivo composto por Xosé Castro Ratón, directivo da Fundación Alexandre Bóveda e tenente de alcalde de Vilagarcía; Carlos Berride, arquitecto e sociólogo; Enrique Jiménez, empresario e ex dirixente deportivo; Jorge Costa, vogal da Cámara de Comercio; o historiador Manuel Suárez; Sofía Beiras, ex presidenta de Comerciantes Zona Aberta; o párroco de A Xunqueira, Manuel Cachaldora; e Amadeo Rodríguez, ensinante. Actuou como Secretario, con voz pero sen voto, o Director do Diario de Arousa, Antón Xil.

No apartado dee Cultura os finalistas son: Sabela Canitrot, DANIEL SEIJAS LLERENA, Coro do Liceo Casino de Vilagarcía, Ateneo Vikingo de Catoira, Teatro Caracol de Cambados, Manolo Chazo, Paco Leiro, Museo de Arte e Gravado de Artes de Riveira, Festival do Norte e o Centro de Interpretación Arqueolóxica de Neixón (Boiro).

E unha honra ter ó noso Seijas entre os nominados. O seu labor en Radio Valga e os seus artigos no Diario de Arousa, baseados nas tarefeas de investigación, son o seu aval para aspirar a estes premios.

A casa padronesa de Rosalía celebra o 171 aniversario do nacemento da poetisa.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, no lugar padronés de A Matanza, acolle esta mañá o acto conmemorativo do 171 nacemento da poetisa, organizado pola Fundación que leva o seu nome e que preside Helena Villar Janeiro. Será ela, precisamente, a encargada de dar a benvida aos alumnos dos centros da comarca que participan no acto, no que se fará a presentación do libro O paxariño andaluz por parte da súa autora, María do Carme Kruckenberg. A continuación, haberá un festival artístico no que participará o alumnado antes de pasar a celebración en sí do cumpreanos.

(más…)