A casa padronesa de Rosalía celebra o 171 aniversario do nacemento da poetisa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, no lugar padronés de A Matanza, acolle esta mañá o acto conmemorativo do 171 nacemento da poetisa, organizado pola Fundación que leva o seu nome e que preside Helena Villar Janeiro. Será ela, precisamente, a encargada de dar a benvida aos alumnos dos centros da comarca que participan no acto, no que se fará a presentación do libro O paxariño andaluz por parte da súa autora, María do Carme Kruckenberg. A continuación, haberá un festival artístico no que participará o alumnado antes de pasar a celebración en sí do cumpreanos.

O acto de Padrón terá continuación o próximo luns e o mércores en Santiago, o primeiro día na sede do Consello da Cultura Galega onde se presentará o cedé Cantares galegos. Pola súa banda, o mércores no Pazo de Bendaña darase a coñecer o libro Versos a Compostela, nun acto no que estarán os responsables da súa edición, o Consorcio e Alvarellos Editora.

LA VOZ DE GALICIA, 22/02/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.