A sede da asociación artesá e etnográfica O Faiado 2 de Boiro acolle ata comezos do mes de abril unha exposición sobre algúns aspectos destacados da historia da medicina durante o século XX. Entre os contidos que se poden ver nesas dependencias destaca o instrumental empregado por un médico rural nas décadas dos 40 e 50, principalmente. Se se compara este material co que se usa na actualidade, pódese comprobar o aspecto rudimentario de todos eses aparellos, pero que resultaban moi efectivos.
(más…)
Cultura
Hoxe teatro infantil
Hoxe venres día 16 ás 18 horas o grupo «TALIA TEATRO» representará no Centro Social de Pontecesures a obra «MUNDOS CONTADOS» con entrada libre e gratuita. Organiza o acto o Concello de Pontecesures a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e S.A. de Xestión do Xacobeo e a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Ficha da Obra:
Autora: Paula Carballeira
Directora: Paula Carballeira
Elenco: Marta Ríos
Público: Todos os públicos
Sinopse: Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto mundos contados, mundos que existen, dende hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria? hai esperanza.
[Imaxe e información da obra www.igaem.xunta.es]
Cultura
A cesureña Beatriz Porrúa dá o salto ó teatro coa obra infantil ‘Tarará Chis-Pum’
A cantante cesureña Beatriz Porrúa que dera o slto á popularidade en 2003 debido a súa participación no programa musical da televisión «Operación Triunfo», decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escea e debutar este fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra «Tarará Chis-Pum», producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorrerá boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.
Cultura
Guitián y Seixas descubren la faceta de Daniel Castelao como pintor y escultor
«Castelao era un home orquesta. Era político, debuxante, caricaturista, escultor, médico..Foi o pintor do mundo que máis se caricaturou, por riba de Rembrandt. Sen embargo, a su vida é unha desgracia», afirma Seixas, que desveló en su libro la faceta de Castelao como pintor.
(más…)
Cultura
Editan dos libros para divulgar la obra de Castelao como pintor y caricaturista
La Casa de Cultura de Rianxo «Cuartel Vello» acogerá esta tarde – a partir de las 20.00 horas – la presentación de los libros «Castelao e a cerámica», de Xoán Guitián, y «Castelao Pintor», de Miguel Anxo Seixas, un acto organizado por los departamentos de Educación, Cultura, Deportes e Xuventude de Rianxo.
(más…)
Na Prensa
A ACP acepta a oferta de integrarse no PSOE de Cesures con Sabariz como cabeza de lista
A integración da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) no PSOE está cada vez máis preto. A agrupación independente acordou onte á tarde aceptar a oferta dos socialistas, que inclúe incorporarse á disciplina socialista – polo tanto disolverse como grupo político – e situar ao seu portavoz municipal, Luis Ángel Sabariz Rolán, como cabeza de lista do PSOE.
(más…)