O tren de Varela.

Contaban os ferroviarios máis vellos, que o inesquecible tren de Varela (aludindo ó maquinista do mesmo nome) recollía xente polo camiño de ferro desde Vilagarcía a Compostela. Naqueles tempos xa afastados, a cidade de Santiago era considerada como o corazón e a capital do país, porque, a pesar de non ser a capital da provincia, tiña organismos e institucións que só se atopaban alí e que representaban a toda Galicia. Tamén xa daquela había xente de lonxe que recoñecía que Santiago era Santiago. Eran os tempos da grande armada inglesa, daquela mariña de guerra que, desde Trafalgar, ou antes, dominaba os camiños das ondas dos mares do golobo. Naqueles momentos Vilagarcía era considerada o porto natural de Compostela.
Así eeran as cousas e así foi que a armada inglesa tomou o mar de Arousa case como se fose a súa casa e os seus compoñentes «ships» viñan a fondear periodicamente no medio e medio da ría, de tal xeito que o mar de Arousa (ou Arosa Bay, como dicían eles) e Vilagarcía eran como a súa segunda «house». Aquí descansaban, reparaban forzas e barcos, folgaban e xogaban uns partidos de «football» cos nativos. Parece ser que naqueles tempos os británicos se negaban a xogar contra os de Vilagarcía se os opoñentes galegos xogaban con zocos, tal como fixeran no primeiro partido, no que, sen querer por suposto, tronzaron algunha canela inglesa. Lances dese novo deporte que non lles fixeron ningunha graza os oficiais británicos.
Pero os mariños ingleses eran moi afeccionados a viaxar noutro medio de transporte que precisamente inventaran eles: o tren. Nel desprazábanse desde a vila para coñecer Santiago. Aínda non hai moitos anos que vivía algunha testemuña presencial que podía dar fe do pasmadiños que ficaban os «homes do pano azul e branco» cando, camiño de Compostela, en plena viaxe e desbruzados polas xaneliñas dos vagóns para ollar a fermosa paisaxe, e tamén os os paisanos vían como en calquera lugar do trazado o tren de Varela recollía viaxeiros ou viaxeiras cargadas con feixes de verduras, cestas de froita, latas de leite… é dicir, con case todo o que se podía mercar en Santiago, sobre todo se era o día de feira na carballeira de Santa Susana. O asombro dos ingleses era motivado por ver como os viaxeiros subían ó tren con só facerlle sinais coas manos ó maquinista, que paraba ou minoraba a marcha.
Unha vez foron testemuñas directas dun caso que colleu moita sona polo gracioso que resultou para os que o presenciaron. Resulta que, cando o tran de Varela empezou a subir fatigosamente a costa da Escravitude, camiño de Santiago, este maquinista viu que pola beira da vía ía, a bo paso, un vello coñecido natural do concello de Rois. Cando a locomotora chegou á súa altura, o señor Varela, despois de saudalo, preguntoulle a onde ía e o outro contestoulle que a Santiago. ö escoitar iso, o señor Varela díxolle ó seu amigo:
-Pois veña, xa podes ir subindo ó tren.
E vai o outro e contestou:
-Hoxe non, que teño presa.
Mais un día, o pasmo dos mariñeiros británicos foi aínda máis grande cando, en plena viaxe e dentro do vagón, oíron berrar un vello que dicía alporizado:
-¡Parade, parade que me baixo!
O vello debruzouse por unha das xsanelas e poñendo as mans arredor da súa boca volveu berrar cara á cabeceira do tren:
-¡Parade aquí, que teño que baixar, parade dunha vez, oh!
Non se sabe como foi que o maquinista e o fogueiro puideron oír, e sobre todo entender o que lles berraba aquel vello, pero o certo foi que, por non ser menos que outras veces en que o tren paraba (ou case) para recoller a algún paisano, esa vez tamén parou para que o vello dos berros puidese baixar do convoi.
Todos os ingleses que estaban debruzados polas xaneliñas dos vagóns puideron ver como o curioso viaxeiro baixou do tren e como seguidamente se dirixiu ata a beira da máquina onde lles dou unha explicación ó señor Varela e ó seu fogueiro ante a expectación e asombro xerais.
-? que vou ver un menciñeiro preto de aquí mesmo (díxolles aos pilotos da Sarita).
E coa mesma, aquel vello botou a andar co paraugas pendurado da chaqueta na parte traseira do colo, mentres o tren de Varela asubiaba de novo e, botando fume por todos os lados, emprendía a marcha por riba daqueles mollados carrís, camiño de Compostela, en tanto que os ingleses ficaban mirando uns para os outros con ollos regalados sen crer o que acababan de ver.

Relato do libro de Xoán Luís Migúens García, «HISTORIAS DO CARRIL-CORNES», presentado hoxe en Santiago.

O mércores preséntase en Cornes-Santiago, un libro sobre a histórica liña ferroviaria Carril-Cornes.

O mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio da Casa das Asociacións (antiga Estación de Cornes-Santiago), o acto de presentación do libro de Xoán Luís Miguéns García «Historias do Carril-Cornes» que é a primeira liña ferroviaria de Galicia e que cumpriu 135 anos. O libro está coeditado polo Consorcio de Santiago e Sotelo Blanco Edicións.

Xoán Luís Miguéns é socio de honra da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril.

Contarase coa presenza e participación no acto do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Mañá, 20 de outubro, teatro para nenos na biblioteca de Pontecesures.

Ás 10:30 horas da mañá, dentro da campaña «Voces á orella-Bocaberta» e grazas á Secretaría Xeral de Política Linguística, será representada pola compañía «Casa Hamlet» a obra «Ratiña linda», que ten unha duración aproximada de 40 minutos.
Está prevista á asistencia dos alumnos de Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria do CPI Pontecesures cos seus profesores.
Ao ramate os nenos/as serán agasallados co libro de Bernardino Graña «Ratalinda de Compostela»

Convocan a las APAS de la comarca a una reunión por la gratuidad de los libros de texto.

La Plataforma galega pola gratuidade dos libros de texto ha convocado una reunión con las asociaciones de padres de la comarca a una reunión en la que se explicarán las iniciativas que han puesto en marcha hasta el momento y los pasos que seguirán a partir de ahora para «defender os dereitos de todos os escolares galegos a unha educación gratuíta e de calidade». Ese encuentro está previsto para esta tarde, a las ocho, en la sala de conferencias del auditorio de Vilagarcía.
La organización surgida para reivindicar la gratuidad de los libros de texto considera «un erro sen precedentes» la decisión tomada por la Consellería de Educación. «A partir de agora só as familias que demostren unhas rendas mínimas terán dereito a unha axuda solidaria de 180 euros». El resto -argumentan- recibirá solo 104 euros o nada para comprar los libros de texto de cada uno de sus hijos. Además de ello, la plataforma afirma que lo que la Xunta llama «gratuidade solidaria» supondrá, sin embargo, un mayor desembolso económico para la Administración autonómica. Por ello están decididos a movilizarse hasta conseguir «que o conselleiro recoñeza o seu erro e volva ao sistema de empréstito».

LA VOZ DE GALICIA, 10/09/09