• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraobras

obras

Raimundo García Domínguez (Borobó)

9-10-2005 por Antonio Cortés 1 comentario

(1916-2003)
Profesión: Xornalista

Biografía: Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na Guerra Civil forma parte do Exército Republicano, cae prisioneiro no 39 e cumpre o servizo militar en Marrocos.

A partir do ano 1940, Raimundo García comeza a súa traxectoria xornalística e colabora cos xornais El Español, Madrid, La Estafeta Literaria e as revistas Fantasía e Finisterre. No ano 1946 edítase o xornal La Noche, no que Raimundo García ou máis ben Borobó, alcume co que se fixo coñecido, publica os seus famosos artigos chamados «Anacos». Neste xornal ocupou todos os cargos até chegar á súa dirección, cargo que tamén desenvolveu no xornal O Correo Galego e o Chan.
Posteriormente, marcha a Madrid facéndose cargo da subdirección do 3 E, o primeiro xornal económico. Por último, entra como redactor xefe de Archivos na Axencia Efe, onde permanece até a súa xubilación.

Colaborou ademais en La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El Pais, e Blanco y Negro, entre outros.

Recibe no ano 1996 a Medalla Castelao, outorgada pola Xunta de Galicia, e no seguinte ano, o Madrigallego de Ouro. Ademais foi recoñecido co premio de xornalismo Roberto Blanco Torres, co premio da Fundación Otero Pedrayo polo seu mérito na comunicación e no ano 2003 o Concello de Boiro noméao Fillo Adoptivo da vila.

Obras principais: Cómpre salientar os seus artigos «O novelo dos anacos» e «Anacos», as comedias Duce, Duce, ¿Quién mató al Meco?, Elección Parcial, Aura e El complejo de Polícrates e as narracións e guións de cine Xoán Porreás, Tina e La Piñeira.

Archivado en:Persoeiros Etiquetado con:Borobó, Concello, guerra, obras, santiago, xunta

  • « Ir a la página anterior
  • Ir a la página 1
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 403
  • Ir a la página 404
  • Ir a la página 405

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • O CONCELLO DE PONTECESURES LEMBRA A ROSALIA DE CASTRO NA DATA DO SEU ANIVERSARIO.
  • AVISO POR CORTE DE TRAFICO
  • OFERTA DE EMPREGO PARA GAMA E HIJOS.
  • MERCORES 3 DE MARZO DOAZON DE SANGUE EN PONTECESURES
  • AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES

Comentarios recientes

  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.
  • Vox Pontecesures en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Pontecesures padrón Porto Vilagarcía lamprea tripartito Concello protección civil concurso iglesia faro de vigo sar Catoira pp ACP sabariz Maneiro fútbol pleno tren Pontevedra Angueira n-550 a ponte curso Caldas río ulla obras correo gallego valga Diario de Arousa sábado psoe plaza santiago BNG fiesta Ulla Vigo festa Campaña fin de semana Historia la voz de galicia xunta

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños