Regata Vila de Rianxo

O pasado sábado 11 pola tarde o Concello de Rianxo en colaboración co Club Piragüismo Rianxo organizou unha regata de carácter amistoso coincidindo co aniversario da fundación do club.

Os cadetes e junior foron ca intención de preparar a posta a punto cara o campeonato de España e os máis cativos de ver a evolución de todo o adestramento realizado no inverno posto que era a primeira regata para eles.

Os resultados máis destados son os seguintes:

* Jorge Riveiro: 1º posto K1 alevin
* Samuel Vázquez: 3º posto K1 infantil
* Álvaro Loureiro: 1º posto C1 infantil
* Javier Bernal: 2º posto C1 infantil
* André Oliveira: 3º posto C1 cadete
* Samuel Vázquez/Ismael Llerena: 2º posto K2 infantil
* Javier Bernal/Álvaro Loureiro: 1º posto C2 infantil

Recordovos a todos os cesureños que este fin de semá vaise a celebrar o Campeonato de España no embalse de Castuelo de Miño (Ribadavia) que será retransmitido pola TVG en directo, donde o máximo expoñente do Nautico Pontecesures a conseguir algunha das medallas en xogo será André Oliveira logo de proclamarse subcampion galego.

Por: Javier Bouzas – Adestrador do Náutico Pontecesures

Campionato Galego de Inverno. André Oliveira Subcampeón galego

André
O pasado domingo 5 de marzo disputouse o Campionato Galego de Inverno na localidade de Ribadavia, donde o club Náutico Pontecesures partía ca intención de igualar ou mellorar os resultados conseguidos o fin de semá pasada no Control Galego de Inverno. Desta vez non puido ser é o único resultado positivo acadado foi o subcampionato obtido por André Oliveira, que completou unha estupenda regata.

(más…)

Control galego de Inverno 2006. Castrelo de Miño

Este domingo 26 de febreiro comezaron oficialmente as competicións para o Náutico Pontecesures ca disputa do Control Galego de Inverno. Esta primeira competición do ano celebrouse na localidade de Ribadavia para as categorías cadete, júnior e sénior. Asistiron a competición cinco palistas, tres dos cales pertencen a categoría cadete e dous a júnior, todos eles na modalidade de canoa. Os resultados máis destacables foron o 2º posto acadado por André Oliveira e o 6º posto acadado por Adrián Vicente en C-1 cadete na distancia de 5.000 metros. Esta medalla significa a primeira medalla na nova era do Náutico dentro das competicións denominadas de pista. Asemesmo os outros participantes tamén fixeron unha boa actuación.

* André Oliveira: 2º posto cadete
* Adrián Vicente: 6º posto cadete
* Cristián Barreiro: 19º posto cadete
* Marcos Pesado: 14º posto junior
* Carlos Castro: 18º posto junior
* Clasificación por clubes: 14º posto

Este vindeiro domingo 5 de marzo no mesmo lugar celebrarase o Campionato Galego de Inverno donde participarán ademais dos citados palistas Lorenzo Riveiro que causou baixa no Control. As maiores esperanzas irán albergadas en André para que poida repetir a actuación pasada e conseguir algún metal no Galego.

*JAVIER BOUZAS. Adestrador do Náutico Pontecesures*