Será ás 21:00 cando dez nenas do grupo de danza clásica e moderna da ANPA do CPI Pontecesures, dirixidas pola monitora, Sonia Míguez, actuarán no adro da igrexa parroquial. Tamén actuará o grupo de danza da Escola Municipal de Danza de Lalín.
En caso de choiva, a actuación terá lugar no Centro Social.
Concello
Hoxe venres pola maña, presentación da «Festa do Churro» no Padroado de Turismo Rías Baixas.
Hoxe venres día 4 de de xullo, ás 12:00 será presentada na sede do Padroado de Turismo «Rías Baixas» de Deputación de Pontevedra a I Festa do Churro de Pontecesures.
Acudirán a Pontevedra, á presentación da festa ós medios de comunicación, varios representantes do goberno municipal e varios titulares das churrerías artesanas de Pontecesures.
O Padroado de Turismo tamén colabora económicamente coa festa.
Concello
Rematada a obra de saneamento no Telleiro.
NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES
Hai uns día rematou unha importante obra e saneamento realizada no Telleiro que motivou o peche o tráfico o vial que une o peirao coa rúa Carlos Maside por baixo da vía férrea. En concreto se conectaron os pozos que conducen as augas residuais á depuradora, as procedentes dunha importante zona de Porto nunha conducción paralela á vía do tren e que ían directamente ó río Ulla pola zona coñecida como A Pontelliña.
Con esta obra vanse depurar unhas augas residuais (algo que non se viña facendo ata agora), cumprindo os compromisos adquiridos por este goberno coa posta en marcha da EDAR hai pouco tempo, actuación afrontada pola consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Segue a facer este goberno investimentos en saneamento pois no PPC 2008 da Deputación Provincial está previsto o saneamento de boa parte da rúa Eugenio Escuredo no peirao de Pontecesures.
Pontecesures, 2 de xullo de 2008
Cultura
Un grupo de nenas da actividade de danza da ANPA do CPI Pontecesures actuará o xoves día 3 en Pontevedra.
Dentro do programa do certame de danza que terá lugar o xoves día 3 de xullo no Teatro Principal de Pontevedra, actuará un grupo de seis nenas da actividades escolar de danza clásica e moderna da ANPA do CPI Pontecesures.
As nenas son: Carmen de Celis García, Clara Rodríguez Castro, Marta Mª Sabariz Pérez, Sabela López Caldelas, Gabriela Miguéns González e Micaela Amarelle García.
Concello
El «hall» del Consistorio cesureño albergará una muestra pictórica.
Del próximo viernes día cuatro y hasta el lunes día 8 el hall de la Casa Consistorial de Pontecesures albergará una muestra de pintura realizada por los alumnos de la Escola de Pintura pontecesureña. La muestra pretende dar a conocer a los vecinos del municipio y a los amantes de la pintura los trabajos realizados a lo largo de este curso, así como las técnicas empleadas y trabajadas por los integrantes de la escuela en los últimos meses. La entrada a la exposición será totalmente gratuita y podrá verse a lo largo de todo el día, al coincidir con las fiestas del Carmen locales.
TIERRAS DE SANTIAGO, 01/07/08