Actividades dos «Maios» en Pontecesures.

O pasado sábado falamos do maio e de maio: 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐫𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚 é𝐩𝐨𝐜𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐧𝐨. A colaboración das mulleres que participaron na actividade foi decisiva para, por unha banda elaborar o maio e, por outra, para coñecer e descubrir ritos e costumes da zona.

No mes de maio, na Ascensión, as mulleres embarazadas non podían, dende que saía o sol ata que volvía a poñerse, realizar ningunha actividade, nin sequera peinarse; a colocación da xesta é un rito propio da nosa comarca para evitar quedar «amaiado» o resto do ano e descoñecido para os e as asistentes que viñeron doutras vilas; no San Isidro Labrador non se podían traballar as leiras, xa que existía a crenza de que perxudicaría ás colleitas…..

Temos que 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐞𝐧𝐨𝐫𝐦𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐮𝐧 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐦𝐨𝐢 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨 á 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚, 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐚𝐭𝐢𝐟𝐚 que estará exposta na Praza de Abastos, e que aportaron a súa transmisión de coñecemento en torno a costumes descoñecidas para a maioría.

Concello de Pontecesures

Vidal Seage denuncia a falla de luz pública na rúa do Rial.

Red Eléctrica acaba de confirmarme que o de faltar a luz pública na Rúa do Rial cando veño para a miña casa dende hai xa catro días non ten nada que ver con eles nin con unha vibración atmosférica inducida. Cabe a posibilidade dun ciberataque dende os barrios de Carreiras ou a Paxareira, pero non creo.. son boa xente. Mañá falarei con alguén do Concello de Pontecesures a ver se abren unha comisión de investigación para o asunto.

Juan Manuel Vidal Seage.

Máis parados no Baixo Ulla.

A última estatística mensual na comarca de Arousa non foi mellor polo lastre do comportamento do mercado laboral no Baixo Ulla e en Meis. Sobre todo, polos 28 parados máis computados en Valga, cifra determinada polos 37 inscritos nos que medrou o colectivo de persoas sen emprego anterior, que pasou no municipio das 13 de marzo ás 50 de abril, mes que concluíu con 238 desocupados en Valga. En Meis o número aumentou do 154 aos 165, isto é, 11 máis, mentres que en Catoira, de 135 a 138 (+3), e en Pontecesures, de 124 a 126 (+2) apenas houbo variación mensual.

La voz de Galicia.