Ata o alcalde venera ao neno Xesús no belén de Campaña.

bELEN

O nacemento ten como novidades Radio Valga e unha recreación da Batalla de Casal do Eirigo

ONadal chegou a Valga. Un ano máis, a inauguración do Belén Artesanal en Movemento, marca o inicio destas festas no municipio do Ulla, que nas vindeiras semanas recibirá a milleiros de persoas ansiosas por contemplar o novo diseño deste nacemento, cuxa fama chega xa a tódolos puntos da comunidade. Os visitantes terán, nesta ocasión, bastante traballo fixarse en todas as novidades que presenta o nacemento, que non son poucas. Unha das máis visibles e que máis expectación causou entre a xente que onte acudiu á inauguración foi a introdución no belén de Radio Valga, a emisora municipal.
Este foi un dos segredos mellor gardados pola asociación ??Amigos do Belén? dende que, xa en outubro, comenzaron a preparar o nacemento, posto que non só aparece o edificio da radio, senón tamén ­e aí viña a sorpresa­ unha reprodución do programa ??Encontros co alcalde?, que se emite cada mércores. E alí están o rexedor, Xosé María Bello Maneiro, que foi o primeiro sorprendido coa súa figura, acompañado polo director da radio, Héctor Bermúdez, e a locutora Lidia Gallas, que atende dilixente as chamadas telefónicas dos oíntes.

Así foi que o alcalde estivo por partida dobre no acto inaugural: en persoa e en forma de figura. Bello Maneiro, xunto co vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o cura de Campaña, foron os encargados de por en movemento o Belén Artesanal. A bendición do párraco marcou a súa posta en funcionamento, e así o público puido ver, por exemplo, como dous toureiros lle plantaban cara a unha vaquilla na recreación da Festa da Xuventude, na que non faltan a praza de touros, as gradas repletas de xente e a Garda Civil para poñer orde.

Ao seu carón, un guiño a un dos temas que máis páxinas de xornais e horas de televisión ocupou hai unhas semanas: un barco de pesca navega polo océano. ¿Adiviñan o nome?: ??Alakrán?. As casas colgantes que os integrantes de ??Amigos do Belén? confeccionaron para este ano lucen na parte frontal da zona expositiva, pero unha das escenas que acaparou un maior número de miradas e máis chamou a atención da xente foi a representación da Batalla de Casal do Eirigo, da que se cumpriu este ano o bicentenario. Soldados franceses e o improvisado exército local enfróntanse nunha cruenta guerra, á que non lle falta detalle: canóns, traxes casi idénticos aos da época, veciños asustados… e todo feito a man. Ao alcalde non se lle escapou detalle e comentou que ??curiosamente, case todos os caídos son do bando francés?. ¿Por que será?

Os que tiveron a vista máis fina seguramente puideron detectar xa ao personaxe famoso que se agocha entre as figuras do belén. Non é a Bela Otero, que tamén aparece sobre un escenario e lucindo as súas mellores galas, senón un representante da nobreza nacional e arredor do cal xira o concurso impulsado este ano por ??Amigos do Belén?. Os visitantes terán que descubrir de quen se trata e depositar a súa papeleta nunha furna. Entre os acertantes sortearase unha das figuras que forman parte do nacemento. Aí van algunhas pistas para iniciados: rara é a revista na que non sae, está de incógnito e todos caen rendidos aos seus pés. Iso din os organizadores, aínda que, para gustos, cores.

E, entre tanta cousa novidosa, o xa máis tradicional. O pesebre no que repousa o neno Xesús, flanqueado por San Xosé e a Virxe María e, xusto detrás deles, o castelo de Herodes. Unha voz en off relata aos visitantes o misterio do nacemento de Cristo, mentras se van sucedendo diferentes escenas: a adoración dos Reis Magos, a matanza dos nenos inocentes ordenada por Herodes ante o temor de que Xesús lle arrebatase o trono, os pastores acudindo a adorar ao neno… e todo perfectamente ambientado grazas, en parte, aos efectos especiais que se xeran mediante o sistema de iluminación.

Preto de 3.500 figuras comparten protagonismo cos personaxes típicos dun nacemento, un récord absoluto nesta decimoquinta edición do Belén Artesanal, que tamén ampliou a súa superficie. Nos arredor de 250 metros cadrados que ocupa, aparecen reflexados lugares e paisaxes de Valga, como a lagoa de Mina Mercedes, na que conversan animados intelectuais como Camilo Xosé Cela, Castelao, Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo. Tampouco faltan alusións ás tradicións agrarias, coa recollida ou a malla do trigo, nin a algúns dos actos relixiosos que máis fervor espertan entre os veciños. ? o caso da procesión dos panos de sete puntas de Xanza ou a dos lacóns, que cada ano se celebra en Cordeiro. Unha escola, clínicas, un mercado ambulante, costureiras, nenos xogando nun parque, a Banda Municipal ofrecendo un concerto de música que fai bailar aos veciños, un partido de fútbol entre o Cordeiro e o Furia… son só algúns dos detalles que completan o Belén Artesanal en Movemento, en cuxa elaboración traballaron dende o mes de outubro preto de trinta persoas, que tamén teñen o seu recoñecemento nun panel fotográfico que explica como foi o proceso para deseñar o nacemento deste ano.

O resultado do seu traballo e esforzo poderá verse ata o vindeiro día 10 de xaneiro no local da Rúa Nova de Campaña, que este ano presenta tamén nova imaxe, xa que o seu exterior foi adecentado. O nacemento permanecerá aberto en horario de 17:30 a 20:30 de luns a venres. Os sábados os visitantes poden acudir entre as 17 e as 20:30 horas. Os domingos e festivos abrirá pola mañá ­de doce a dúas­ e tamén pola tarde, entre as 17 e as 20:30.

DIARIO DE AROUSA, 07/12/09

Así foi a gala do 70 aniversario da orquestra Los Satélites.

Extracto do artigo do cesureño Daniel Seijas Llerena. «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 22/11/09

Hoxe no día de Santa Cecilia, ou Santa Icía, patrona dos músicos, é bo momento para falar de música e para seguir narrando o acontecer sobre a emocionante Gala 70 aniversario de Los Satélites, celebrada na noite do 6 de novembro no ateigado Teatro Colón da Coruña.
Tan sinalada ocasión aproveitouse para entregar unha placa ao xefe, Francisco Javier Saavedra Ces, natural de Taragoña, por parte de Isidoro Valerio de Radiovoz, para acreditalos como gañadores do concurso no que os oíntes elixían a mellor canción do verán 2009, que ven sendo unha versión do tema «Gaviotas de Santa Marta» do colombiano Jorge Villamil. A dita composición fora gravada tamén pola desaparecida orquestra «Os Breogáns» da Coruña, en 1984, cos arranxos de José Ramón Sierra.
A intensidade ía aumentando, e os atronadores e sinceiros aplausos do público alí presente eran constantes. Comezaron os acordes de «New York, New York» de Frank Sinatra, e no palco apareceu outro dos grandes cantantes, o salmantino Lenny Principal, que entrara na orquestra nos 90, nun momento de cambios na formación para adaptarse aos tempos. Sen embargo a xente estaba algo inqueda, algo estrañada, faltaba aínda algo, estábase facendo esperar alguén, faltaba a sorpresa. Sae Isabel «a rubia dos Satélites» cantando o precioso bolero «Como pasan los años», e entón de sorpresa, aparece unha voz que marcou toda unha época..o gran Sito Sedes, para cantar da dúo, vocalista quke iniciara a súa andaina nesta orquestra en 1969, permanecendo en ela 12 inesquecibles anos. Sito quedou despois no escenario para cantar clásicos inmortais que tantos éxitos deron a orquestra nos 70, cando da man de Pepe «Fixoi», saxofonista dos Billos Caracas Boys, que xa tiña nos Satélites o seu irmán Luis «Fixoi» de baterista, trouxera do Caribe novos temas para Los Satélites, cos cales decidiron gravar, pagando a propia orquestra en Madrid, en 1975 o disco, que despois de 2 anos chegaría a obter, nin máis nin menos, que o galardón de Disco de Ouro. Cando Sito Sedes interpretou o bolero «Triste Papel», parecía como se o tempo se detivese naquel intre…»que soledad, inmensa soledad, que invade el alma mía…» que do xeito e o sentimento co que o pronuncia Sito, son palabras maiores. Logo viñeron outros temas verbeneiros, que fixeron «sufrir» aos que estaban sentados, dado que o ritmo incitaba a levantarse dos asentos e bailar. Estou a falar das cancións máis bailarinas daquel primeiro disco de Los Satélites, que foran tamén éxitos da orquestra colombiana «Los Hispanos» de Medellín co seu vocalista Rodolfo Aicardi con discos de 1969, cos temas «Papá y Mamá» e «Papelito Blanco», tema que ademais cantara un ano antes o dominicano Johnny Ventura xunto con «Salve sabrosa (Pégale duro Ramón), e que no Teatro Colón voltouse a escoitar coa voz de Sito Sedes.
Para ir rematando a Gala aínda faltaba unha sorpresa máis. O estreno do tema «70 aniversario», composto por Paco Lodeiro e Gastón Rodríguez, e que cantaron conxuntamente os actuais e os antigos vocalistas da orquestra. E coma colofón, tampouco podía faltar outro dos temas que catapultaron á orquestra, «El Jardín (chiquita linda)», cantado a dúo entre Sito Sedes e o venezolano Eric Hidalgo, incrible cantante, colmado dunhas dotes excepcionais, que cada vez que nunha verbena interpreta un tema complicado, deses nos hai que ter moita técnica, moito peito e moito control do aire, deixa sempre abraiado ao público que acude ao campo da festa a disfrutar dunha actuación de Los Satélites.
Este grande evento quedará gravado, como unha grata lembranza, nas persoas que tiveron a oportunidade de asistir aínda que proximamente editarase un DVD da gala e espérase que se emita na TVG.

Los Satélites é toda unha istitución musical no noso país, que pasa por ser unha das formacións musicais máis antigas en funcionamento, xunto coa Compostela, que este ano cumpriu 90 anos e a coruñesa Mallo (Juan), que o ano que ven fará 80 anos de existencia sobre os escenarios. Coma escudo o planeta Saturno, e coma cor o branco na súa vestimenta, dende a súa formación, Los Satélites voltaron a amosar porque tiveron tanto éxito no pasado, e sobre todo deixaron patente porque segue sendo considerada, por moitos, a mellor orquestra de Galicia. Feito que tamén certificaron, hai unhas 3 semanas, os oíntes do programa galego de orquestras «Palco de Estrellas», que un servidor presenta en Radio Valga, elixíndoa coma mellor orquestra galega ou a que máis gustou en 2009, ademais de escoller coma mellores cantantes a Eric Hidalgo e Alma Beatriz, Non sei, algo terán Los Satélites para levar tantas décadas na elite musical das orquestras galegas e españolas, e seguir conservando ese estilo propio. Alvarito Pita, ex vocalista da orquestra, de 84 anos de idade, o resumía con estas verbas: «Comparo os Satélites con dous equpos grandiosos, o Madrid e o Barcelona, os qeu son bos xogadores van para eles, e nos Satélites pasa igual, os bos músicos para eles».

Radio Valga organiza unha cea baile para os oíntes con motivo do décimo aniversario.

A emisora Radio Valga festexa esta fin de semana, concretamente o sábado, día 21 de novembro, o seu décimo aniversario, motivo polo que organizou, como xa ven sendo costume dende hai anos, unha cea-baile á que poden asistir tódolos seus oíntes. A festa terá lugar no restaurante Scala, en Padrón, a partir das dez da noite. Alí servirase unha cea, con lenguado e tenreira, a un prezo de 25 euros por persoa. Cada asistente recibirá un agasallo e sortearase unha viaxe a Palma de Mallorca para dúas persoas e unha fin de semana nunha casa de turismo rural, ademais doutros regalos donados por empresas e casas comerciais da comarca.
Trala cea haberá barra libre amenizada pola música da orquestra Foliada, que porá o ambiente para que todos os participantes bailen e disfruten ata ben entrada a noite.

A día de onte eran unhas 250 persoas as que estaban anotadas para acudir á cea-baile. Os máis rezagados aínda están a tempo de confirmar a súa asistencia. Terán de prazo ata o xoves pola tarde e só teñen que acudir a unha sucursal de Caixanova e efectuar o pago dos 25 euros.

DIARIO DE AROUSA, 18/11/09

A ORQUESTRA LOS SAT?LITES,FOI ELIXIDA A MELLOR ORQUESTRA GALEGA 2009,POLO OINTES DE PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

O pasado xoves 29 de outubro do 2009, os ointes do programa de orquestras «Palco de Estrelas» que se emite en Radio Valga da man de Daniel Seijas, votaron pola que consideraron cal foi a mellor orquestra galega,asi coma os mellores vocalistas de orquestras. Na categoria de orquestra impuseronse Los Satélites,e do mesmo xeito foron tamén os vocalistas desta orquestra coruñesa, Eric Hidalgo e Alma Beatriz Landeira,coma os mellores.

Este foi o resultado final das votacións realizadas en directo.

-MELLOR ORQUESTRA 2009 OU QUE MÁIS GUSTOU .
1-LOS SAT?LITES 14 VOTOS .
2-OLYMPUS 12 VOTOS .
3-CAPITOL 5 VOTOS .
4-PANORAMA 4 VOTOS .
5-CHÁRLESTON 3 VOTOS .
6-MARBELLA 1 VOTOS .

-MELLOR VOCALISTA FEMININA
1-ALMA BEATRIZ (SATELITES) 9 VOTOS
2-MARTA BALI?O (OLYMPUS) 8 VOTOS
3-RUTH CUNDINS (CAPITOL) 6 VOTOS
4-RITA (CHÁRLESTON) 3 VOTOS
4-IRENE (PANORAMA) 3 VOTOS.
KRISTIE (SUAVECITO) 2 VOTOS.
EVA IGLESIAS (MARBELLA) 2 VOTOS .
CHUS (CAPITOL) 1 VOTO.
DIANA (PANORAMA) 1 VOTO .
MARIA JESUS (TR?BOL) 1VOTO.
NOELIA (CICL?N) 1 VOTO .
RAQUEL (D?O MASTER) 1 VOTO .

-MELLOR VOCALISTA MASCULINO 2009.
1-ERIC HIDALGO (LOS SAT?LITES) 11 VOTOS .
2-DANNI LAMAS (OLYMPUS) 10 VOTOS .
3-PABLO AGRAFOJO (CAPITOL) 3 VOTOS .
3-BLAS (PARIS) 3 VOTOS .
3-JORGE (PANORAMA) 3 VOTOS .
VICTOR (MARBELLA) 2 VOTOS .
FRAN PAHINO (CHÁRLESTON) 2 VOTOS .
ARTURO (SINTONIA DE VIGO) 2 VOTOS .
SERGIO CORRAL (CHÁRLESTON) 1 VOTO .
PEDRO (TANGO) 1 VOTO .

ESTE XOVES 3 DE SETEMBRO,ESTARÁ O GRUPO INTERNACIONAL «RÁFAGA» NO PROGRAMA «PALCO DE ESTRELAS»-RADIO VALGA

O importantisimo grupo arxentino,de música de baile, RÁFAGA,con varios millóns de discos vendidos,será este este xoves entrevistado en directo no programa «Palco de Estrelas»-Radio Valga,dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena. Este grupo estará o 12 de setembro na Sala de Festas Lennon da Estrada,que o vindeiro día 11 de setembro abre de novo as súa portas baixo unha nova xerencia.