O candidato Regades visitou aos socialistas cesureños.

Instantánea tomada na fachada de Casa Chaves en Pontecesures.

David Regades, candidato á secretaria do PSdeG na provincia, vistou aos socialistas cesureños.

O candidato publicou o seguinte texto:

«Seguir avanzando. Eso é o que acordamos coa militancia de Pontecesures: na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; no municipalismo e na xustiza social cos nosos maiores».

Os socialistas cesureños molestos porque non se programou ningún acto para o Domingo do Carme.

Isto dicían o pasado domingo

«»Por si algún veciño ainda non se decatou, hoxe é o domingo do Carme en Pontecesures, o día grande das festas patronais da nosa vila. Resulta vergonzoso que o equipo de goberno non quixera, a pesar das restricións obrigadas pola situación, celebralo. Os veciños e veciñas de Cesures, os de agora e os que nos precederon, merecemos un respecto moito maior do que as autoridades locais nos prodigan.Botar unhas bombas, facer un pasarrúas, ou un concerto dunha banda de música, actividades que si se poderían ter programado (ou non se fixo un concerto para a inuaguración do novo parque?, traerían un pouco de alegría aos veciños e veciñas de Pontecesures, que ben o merecen.»»

Socialistas de Pontecesures

Criticas socialistas pola nova paralización da obra do peirao.

As obras do muelle, de novo paralizadas. Desta volta, se está a esperar pola documentación a presentar pola empresa que está a acometer os traballos, que xa é a terceira licitadora. De non subsanarse estes atrancos, e segundo se nos respondeu no último pleno, habería que concurrir a unha cuarta licitación na que era a obra «estrela» deste equipo de goberno.»

Socialistas de Pontecesures