Festa da Devesa 2009

festas-devesa

Actualización do programa

devesa-actualizacion

DÍA 9 DE AGOSTO

  • Pola mañá pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
  • As 13h misa solemne na capela en honor a Virxe do Carme.
  • Xa pola tarde, despois de xantar, as 16h, FESTA DO NENO con hinchables, karts, festa da escuma… e moito máis, todo GRATUITO.
  • A partir das 22:30h gran verbena amenizada polo dúo musical: MASTER e a orquestra: SABANNA
  • O remate da súa actuación comezará o reparto gratuito de chocolate con churros entre todo os asistentes.

DÍA 10 DE AGOSTO

  • Pola mañá pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
  • As 13h misa solemne na capela en honor a Virxe dos Desamparados.
  • O remate da misa, tradicional poxa de ramos e tradicional traca.
  • Xa pola noite, as 23h verbena amenizada polas grandes orquestras: EL COMBO DOMINICANO e ALKAR

Programa das Festas de San Roque de Porto 2009.

DÍA 19 DE AGOSTO
Pola noite gran verbena cun grupo que se anunciará oportunamente.

DÍA 20 DE AGOSTO
Pola mañá, disparo de foguetes anunciando a Festa.
Pola tarde, actuación da charanga e dos grupos folclóricos Xarandeira e Algueirada de Pontecesures.
Ás 22 horas, capachos de mexillóns para todos coa tradicional XX Gran Mexilloada (2.200 quilos) acompañada con 575 litros de viño de barrantes do bo e cervexa.
Pola noite a mellor verbena, coas mellores orquestras neste momento:
Los Españoles
Capitol

DÍA 21 DE AGOSTO
Ás 8 da mañá, levantarase a todo Porto co disparo de foguetes.
Ás 10 da maña, alborada coa Banda de Música Cultural de Arcade (actuación patrocinada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra).
Ás 12 horas, saída da procesión de San Roque dende a a Praza dos Valeiros.
Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo Coro A Barcarola de Pontecesures.
De seguido, Gran Poxa de Ramos e Tradicional Traca.
Ás 20 horas, concerto da Banda Cultural de Arcade.
Pola noite, festa para todos…todas con:
Los Satélites
Los Trovadores

Programa das Festas do Carme 2009

VENRES 3 DE XULLO
Pola tarde, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Pola noite, a partir das 22 h., gran verbena coa actuación das orquestras:
CHARLESTON BIG BAND e SINTONÍA DE VIGO

SABADO 4 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Algueirada.
Ás 13 h. actuación do Grupo Folclórico Algueirada na Plazuela.
A partir das 16 h: xornada de ??portas abertas? na piscina municipal.
A partir das 19 h. na Plazuela, xornada de? xogos populares? para os máis cativos.
A partir das 22 h. gran verbena a cargo da orquesta MONTES e do grupo JOCKER.

DOMINGO 5 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Valga
Ás 13 h. concerto da citada banda de música
Ás 18 h. saíra o tradicional desfile valeiro, acompañados pola Banda de Musica da Brigada Lixeira Aerotransportable (BRILAT) de Figueirido (Pontevedra).
Ás 18.30 h., misa cantada pola Coral Polifónica A Barcarola.
De seguido: Procesión da Virxe do Carme polas rúas.
Ao remate da procesión: concerto da Banda de Música da BRILAT.
A partir das 22 h., gran verbena a cargo das orquestras:
PHILADELPHIA e NOCHE DE ESTRELLAS.

LUNS 6 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Xarandeira
A partir das 10 da mañá gran festa infantil na rúa San Lois con inchables e touro mecánico.
Ás 12 h., Misa Cantada na honra ao Santo Ántón pola Coral da Asociación A Barcarola
Ás 13 h., actuación do Grupo Folclórico Xarandeira na Plazuela
A partir das 16.30 h., II Trofeo de Piragüismo de Pontecesures no peirao.
A partir das 18.30 h., actuación de «EL SHOW DE LOS PAYASOS» na Plazuela.
Das 21 ás 23 h. II Festa do Churro de Pontecesures: con reparto de churros con chocolate de balde coa participación das churreiras de Pontecesures.
Contarase coa presenza do dúo musical MASTER

Festival da ANPA para clausurar as actividades extraescolares no CPI Pontecesures.

Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.