Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de «A Barcarola».
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico «Xarandeira» de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.

Os grupos locais «Xarandeira» e «Algueirada» actúan hoxe nas festas de Porto.

Sobre as 21 horas na rúa dos Namorados de Porto actuarán os grupos folclóricos cesureños «Xarandeira» e «Algueirada» cun importante repertorio de pezas de gaita, baile e pandeireta.
As actuacións comezarán unha vez que a imaxe de San Roque chegue a Porto (taberna de Vieites) en procesión dende a igrexa parroquial. Sae a imaxe da Plazuela ás 20,30 horas.