Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de «A Barcarola».
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico «Xarandeira» de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.


2 comentarios

juan carlos · 7-10-2008 a las 12:43

ola sabariz.queriache comentar algo fora deste tema e non sabia como facelo asique deixoche a informacion por aqui.o domingo celebrouse a carreira popular da amaia en brion.os gañadores absolutos foron pedro nimo,daniel bargiela e 3º alejandro pesado.na categoria 17 a 20 anos compre destacar o 2º posto de adan garcia e na categoria 21 a 27 o 1º posto de juna carlos mosquera ambos de pontecesures.tamen comentar que francisco sanmarcos foi gañador absoluto de maraton o domingo dia 28 de setembro en ourense.facilitoche esta informacion xa que non a vexo en ningun xornal por ai…saudos

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2008 a las 20:40

Grazas por facilitar esta nova «juan carlos». Atopei o que podes observar nas entradas. Noraboa a estes atletas cesureños que tan ben nos deixan quedar nas carreiras poupulares.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.