Maña xoves día 18, ás 20 horas no Bar Choco (praza dos Valeiros de Porto), o persoal do Concello de Pontecesures celebrará, cunha merenda, o acto de despedida de Raquel López Doce que vai ocupar o cargo de 1ª tenente de alcalde do Concello de A Estrada con dedicación exclusiva.
Ata este intre, xa hai uns 25 traballadores inscritos para asistir a este acto entrañable.