Colocado novo alumeado na rúa Miguéns Parrado e no adro da Igrexa de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de onte instaláronse novos puntos de luz nestas zonas que melloran considerablemente este espazo no centro da vila. En concreto colocáronse apliques ornamentais nas dúas fachadas laterais da Igrexa de Pontecesures. Agora temos a rúa Miguéns Parrado mellor iluminada e, sobre todo o adro da Igrexa, espazo aberto onde xogan a miúdo os nenos/da vila, que quedaba parcialmente a escuras pola noite ata o de agora.
Aproveitouse a obra para retirar unha maraña de cables e elementos inservibles que afeaban a fachada da igrexa.
Hai que salientar que os apliques son os que estaban antes na Plazuela. Foron preparados de novo (presentan un aspecto impecable) e agora se reutilizan, algo necesario nestes intres de crise.

Categorías: Concello

10 comentarios

Cara de cona · 29-10-2010 a las 17:28

moi bien…moi bien…….arturo o Parroco encantado….o alumeado de categoría…ainda recauchutado….luce…luce….saba gracias pola idea…..demostrachelle a da Cocha que o vello alumeado iba a lucir noutros sitios….e xa está na Portiña e no atrio………., cumpriches….ata falaba ben de ti o outro día o Susavila………….adiante

Tiroliro II · 29-10-2010 a las 19:12

esta ben, pero hai que mirar que na Calera de Porto afundense as luces cada moi pouco, todo a oscuras e hai que acordarse de todo o mundo non solo dos do centro

Xitano · 29-10-2010 a las 19:40

Aquí e noutros sitio a poñer as farolas arranxadas e os do obradoiro a vivir ben, dezaseis millóns das antiguas pesetas, para eles. Si Sr., uns viven ben e outros a morrer.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2010 a las 22:45

Penso que as farolas quedaron moi ben, e teño que dicirlle a «Tiroliro II» que é certo que o alumeado da rúa Calera falla moito. � o mas antigo do municipio, pero a mellora vai ser substancial. Nunha das actuacións do plan anticrise da Deputación de Pontevedra está previsto colocar un novo alumeado nesta rúa de Porto. Espero que sexa adxudicada con celeridade polo organismo provincial.
Home, «xitano» nun obradoiro de emprego o concello que sexa ten que achegar, practicamente, todo o custo dos materiais das actuacións. Non é de recibo, que lle ataques así aos alumnos integrantes do obradoiro de Pontecesures. Triste.

    Xitano · 30-10-2010 a las 09:18

    Sabariz, o que é triste e a utilización que ti lle das os comentarios dos demais. Eu non nombrei os alumnos do obradoiro. Ben por eles, teñen formacion e a parte cobran. O de «practicamente, o custo dos materiais teno que asumir o concello», non o entendo. Pensei que o obradoiro o paga a Xunta.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-10-2010 a las 10:09

Debes fijarte más en lo que escribes, «xitano». Para el obradoiro de emprego se recibieron de la Xunta más de 600.000 euros destinados a los salarios y las cuotas patronales de la Seguridad Social de los alumnos trabajadores y del personal directivo y de formación. También está subvencionada una pequeña parte de los materiales y herramientas para la formación.
Ahora bien; el coste de los materiales de las obras (los paneles solares para el pabellón, las ventanas para el gimnasio, la caldera de calefacción para la biblioteca, las losetas, las tuberías, el cemento, el hormigón, la arena, tejas, trabajos complementarios a cargo de empresas, etc…) tiene que pagarlos el ayuntamiento.
Evidentemente atacaste al personal del obradoiro, y no busques la cuadratura del círculo. Para ti, y para unos pocos más, lo ideal es decir. «O obradoiro é un desastre, non se fai nada, que cartos tan mal empregados, alí só hai vagancia….» pero también transmitir, «o persoal non ten a culpa, a culpa do que se malgasta é do goberno». O sea, criticar sí, pero dejando a salvo a los trabajadores/as porque vienen las elecciones. ¡Como se os ve el plumero!

estudiante · 30-10-2010 a las 11:18

Pois claro que os alumnos non teñen a culpa, Sabarís. Eles se apuntaron a participar nun obradoiro, foron elixidos e a partir de aí formándose a traballando como lle mandan e no que lle mandan. Pero si o obradoiro está a cumprir coas espectativas creadas, polo joberno municipal, ou non é outro cantar. Dende a idea inicial ata o de agora cantas veces se variaron os proxectos? E sobre todo, por qué se variaron? Non será que é todo unha auténtica improvisación? Acaso o concello é alleo a todo isto?
NON nos veñan coa muletilla de que en todos os obradoiros hai variacións porque non é verdade.

manolo o do bombo · 30-10-2010 a las 11:47

NON e por meterme con nadie, pero algunha que se esta formando para un traballo ,parece unha ejecutiva non sei como colle a ferramenta . ja ..ja….

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-10-2010 a las 13:47

Tamén sacas ti, «estudiante» a faceta máis política (normal, porque es «bngpontecesures»). A máxima que seguides: «Defender aos alumnos, atacar ao goberno». Pero iso nunca da resultado. Naturalmente que os proxectos dos obradoiros están suxeitos a trocos en canto ás actuacións a realizar, porque inflúen cuestións variadas (complexidade da obra, nivel de formación que van acadando os alumnos, cuestións económicas, etc…). Non vou entrar en polémicas, defendo o obradoiro e defendo aos alumnos e ao persoal directivo e de ensino.
Vexo que «manolo o do bombo», quere ridiculizar a situación co chascarrillo de sempre. Hai que dar a cara e dicirllo á persoa que acusas. ¿A que non es quen?

manolo o do bombo · 30-10-2010 a las 19:41

Pois xa llo comentei ó marido na de Elias, deberias sabelo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.