Imaxenes do escape da Finsa do 19 de abril

Publicado por Antonio Cortés en

Para ampliar pulsar sobre as miniaturas.
Fotografías de Anxo Abalo.

Categorías: Ecoloxía

30 comentarios

FINSA=SHIT! · 20-07-2006 a las 16:09

E nos temos que aguantar iso? Non sei como non lle cae a cara de vergonza ós responsables da empresa e ós politikuchos que nos representan.. pero esto tense que acabar xa!

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-07-2006 a las 23:21

Estas fotos son da reportaxe encargada por este concelleiro que tivo que pagar a ACP xa que o alcalde non quixo que o concello se fixera cargo do gasto.
Resulta vergoñento que a primeira autoridade local pase olimpicamente das iniciativas da oposición nun tema tan trascendental e logo se gasten os cartos de xeito irregular como xa espliquei dabondo na páxina.
Por certo, grazas ó fotografo Anxo Abalo pola disposición e rapidez que amosou para facer o reportaxe o pasado 19 de abril. Nótase que esta sensibilizado cos problemas do seu pobo de nacemento.

kaka-tua · 21-07-2006 a las 20:53

Home Sabariz, que esperabas. ¿crees que che ian pagar as fotos? Anda, deixa o tema e non fagas mais o ??primo? que parece que estas a chorar todo o día, non amoles mais.
Ademias, os políticos que entrachedes a gobernar o concello, ti entre eles, alá en 1999, en realidade non fixechedes NADA por buscar unha solucion REAL ó problema. Moito sair na prensa a anunciar que tivérades reunións e reunións, e que Finsa ia gastar 10 millóns de ? na fábrica e onde están as melloras? Porque estes días preguntei en Porto e me dixeron que segue igual ou peor.
Por eso digo que non fixéchedes NADA (tan só autobombo) para solucionar o problema. E o mais importante ¿por qué dende o concello non buscachedes a movilización xeral do pobo para ir ??todos a una? e exixir responsabilidades: Dende impulsar a creación duna asociación de afectados, con apoio legal e económico, ata manifestacións e comunicados a medios nacionais de prensa.
Ahhh, pero eso non! Que se perdíades vos o protagonismo igual a xente vos deixaba de votar! Queda mellor decir que todo o conseguido é gracias ó traballo propio. ¡Que políticos mais ególatras temos, por Deus!.
Agora ben, o mais grave é que en Porto hai 2 veciños, da miña edade (relativamente xóvenes) que están padecendo cancer, e van xa… nin se sabe! De eso non falades nada, que se fixo en sanidade para cuestionar a merda de aire que respiramos? NADA, coma sempre!
Todo palabreria, e palabras para quedar ben! As persoas xóvenes morrendo por cancros e enfermidades afíns e ti chorando os cartos dunas fotos!

Falas do alcalde coma a ??primeira autoridade municipal? cando ti o desacreditaches sempre que poideches, incluso co temas das fotos. Se ti as encargas ti as pagas. ¿ou acaso eras o concelleiro de sanidade ou de medio ambiente? Que pasa hai conta aberta no Concello para eses gastos tamén?

De Angueira xa nin falo…total él ten a súa casa en Rianxo e non ten que limpara os tellados ou ver coma cada día se enchen as casa de polvillo! E a Baliñas, a Maribel ??a da escola?, e a Margarita non lle chega o polvillo!

Coma sexa certa a nova que escoitei estes días as eleccions (que é o único que vos importa) an de estar movidas, e pode que con sorpresas! Ten que pasar algo porque 4 anos mais así e de aquí é mellor emigrar.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-07-2006 a las 09:56

Non quero repetir as xestións que fixen en relación coa FINSA dende 1999 pois xa figuran detalladas nesta páxina. Houbo avances en materia de ruidos e incluso de contaminación aérea pero foron, no tema do polvillo, claramente insuficientes. Claro que fun a moitas reunións coa empresa e con Medio Ambiente. E certo que se está instalando unha nova caldeira de biomasa cun custo de 10.000.000 ? pero a gran pregunta é se isto solucionará a contaminación. Algunhas persoas próximas á fábrica comunicanme «por lo bajini» que pouco vai mellorar a situación e que seguerá a emisión de micropartículas en suspensión. Para mín isto é unha gran decepción.
Mira «kaka-tua» a ACP fai o que pode e pregunto onde están os partidos políticos neste tema. Estaría moi ben facer unha asociación de afectados (que somos todos) pero é triste dicir que despois de tanto tempo non hai nin colectivo nin cidadáns que tomen a iniciativa. Estas iniciativas non se forma artificialmente, hai que actuar con decisión e impulso e sobre todo sen medo porqué temos claramente a razón. Aparecen co cabreo dos veciños pero parece que non hai nin sangue.
Eu contínuo, coa miña escasa influencia e medios, loitando para que remate esta inxustiza e, por suposto, se hai iniciativa para facer unha coordinadora e manifestarse ante quén sexa estou a disposición para formar parte da mesma no papel que se decida.
Por todo isto penso que non merezo a crítica que me fas. No tema de FINSA teño a conciencia tranquila e o movemento demóstrase andando e estou a dar a cara con nome e apelidos. Pouca xente o fai e así tí por exemplo non o fas. Comparto contigo que a contaminación é un escándalo pero nin sequera sei quén eres. Anímate no tema da asociación de afectados. Estarei contigo para loitar hombreiro con hombreiro onde queiras. Un saúdo

geo · 22-07-2006 a las 13:52

Necesitamos politicos con + autoridade e con + determinacion.
ainda que creo que ningun dos candidatos cumpre estes requisitos.
Sintoo de verdade.

¡¡¡¡¡GZ!!!!!

Martin T · 22-07-2006 a las 14:51

Estou totalmente dacordo contigo!!E como ti mesmo dis ningun dos candidatos cumpre esos requisitos

Tiroliro II · 22-07-2006 a las 17:58

Levamos máis de 20 anos co tema de Finsa e ningún partido político fixo nada.
O PP nin con Piñeiro nin con Victoriano, nin con Randulfe nin con Souto. Ningunha crítica na opinión públca.
O PSOE nin con Luciano Piñeiro, nin con Daniel Chenlo, nin con Pepe Gerpe nin con Oscar Gerpe. Tamén sen palabras.
O BNG tampouco fixo moito máis. Tanto Angueira, no goberno ou na oposición, ou Fernando Rodriguez, ou Baliñas concelleiro de Medio Ambiente non foron para nada duros e críticos coa empresa.
Tivo que vir un independente como Sabariz para facer algo (Maribel tamén é independente pero da Finsa nin falar) e por enriba criticádelo. Grazas a él estamos neste debate. Fixo medicións, avisou ó Seprona, plantoulle cara ó director da fábrica, non se arruga ante os medios, queixouse A Xunta controla o tema da piscina, etc.. Se os partidos se ocuparan tanto como Sabariz e os veciños imitáramolo outro galo cantaría. Non podedes pedir que o concelleiro independente arranxe o tema só cos intereses económicos que hai.
Será un pesado, será protagonista como dicides pero neste tema teño que dicir moi alto ¡GRAZAS SABARIZ!

Flor de pasión · 22-07-2006 a las 22:00

La verdad es que Sabariz me pone con sus buenas intervenciones y comentarios. Politicamente hablando, eh..

kaka-tua · 23-07-2006 a las 14:18

Tiroliro: Teñote en estima, pois vexo que, ademais de saber moito do concello, eres unha persoa que sabe analizar o que pasa en Pontecesures. Pero agora non estou dacordo contigo sobre o papel de Sabariz.
¿porque en case 7 anos que estivo cogobernando aon Angueira non fixo algo mais ca Finsa? Eu creo que leva feito e falado mais nestes 6 meses que nbos anos anteriores porque quere rentabilizalo nas próximas eleccions, e inda que é un concelleiro independente coma dis, tiña outros compañeiros de goberno cos que haber feito unión e tratar de, entre todos eles sensibilizar ó pobo e facer algo mais do que se fixo…
certo é que lle adica tempo ó que lle interesa, pero sempre desprende ese interes un «tufillo electoral» que dame noxo! Os politicos deberian de facer as cousas porque creen nelas, non para sacar un puñado de votos!
En fin, que tampouco é santo da miña devoción, dende que era concelleiro de obras é á vez estaba facendo unha casa con Caamaño e Doselco contratados por él. ? mesmo tempo como concelleiro lle estaba otorgando contratos de obras públicas pagadas polo concello. Eu son mal pensado e penso que pudo caer na tentación de facerse a sua casa con «descontos» gracias ó cargo público é ás obras publicas que contrataba.
Vamos que non te voto Sabariz, formaches parte dun mal goberno e agora queres desmarcarte! Apechuga co teu.
Coma ves, Tiroliro e todos, creo pouco nos políticos locais, pero pode haber sorpresas, pronto espero poñer algunha nova…

Tiroliro II · 23-07-2006 a las 14:43

Pode que me entendas mal co da Finsa e Sabariz. Só digo que este concelleiro está pendente do tema. Na cuestión do electoralismo e dos votos cada ún pode dicir o que queira. Dende logo Angueira transmite a todo mundo que Sabariz é un pesado e un tolo e que enfermou pola obsesión de gobernar. ¿Porqué lle dí iso á xente? Para que non lle voten o ano próximo anunciando que é un perigo. E por suposto para que o voten a él. Xogo sucio que é o que practica sempre Angueira.
Fas ademáis acusacións gravísimas de corrupción contra Sabariz. Eu dende logo non poño a mán no lume por ninguén pero penso que Sabariz vai respostar pronto como fai sempre.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2006 a las 00:02

Por suposto que mentres estiven no grupo de goberno tratei o tema de Finsa cos meus compañeiros. Parece «kaka-túa» que todo o que fago é electoralista. Mira, góstame traballar polo pobo e traslado á opinión pública o que fago. Logo os electores decidirán o que queiran como e normal en política.
O que me parece unha pasada é que me acuses de cometer coa miña casa delictos de prevaricación e cohecho implicando ademáis nos delictos a Juan Caamaño e a Alberto de Doselco que son dous magníficos profesionais e que non merecen a túa actitude.
O pasado 6 de abril o desaparecido «eumesmo» xa fixo esta acusación que foi respostada. Agora non pensaba entrar outra vez no tema pero vouno facer por respecto ós letores desta páxina.
1-As adxudicacións a Caamaño e Doselco de obras municipais foron feitas pola Xunta de Goberno Local da que forman parte o alcalde e os tres tenentes de alcalde. Eu sempre formei parte da mesma pero é un órgano colexiado.
2-Estas adxudicacións fixeronse baseadas nunha memoria técnica e no disposto na Lei de Contratos das Administracións Públicas e na normativa de réxime local.
3-Os pagos fixéronse despois da comprobación do técnico sobre a realización das unidades de obra.
4-Tódalas obras foron realizadas a satisfacción de todos e de forma moi correcta.
5-Na miña casa fun encargando os traballos por partes. Así a estrutura, o tellado e a división interior foi realizada por unha constructora de Santiago, a carpinteria de madeira por unha empresa de Vilagarcía, a fontanería e calefacción por unha empresa de Padrón, etc.. Caamaño realizou a colocación de solos de plaqueta, o alicatado dos baños e diversas obras de limpeza e movemento de terras na finca. Doselco realizou a instalación eléctrica.

Acusarme de aproveitarme do meu cargo e dicir de xeito anónimo que no me cobraron por favores é un disparate. Conservo naturalmente tódolos documentos xustificativos dos pagos. Agora ben «kaka-túa» non podes acusar así nin a este concelleiro nin ós empresarios pois parece que practicas aquelo de «ti larga que algo queda».
En fin, o que hai que aguantar para estar honradamente na política municipal.
Parta rematar dicir que ámbalas dúas empresas fixeron un excelente traballo na miña casa (de luxo diria). Polo menos fágolle esta publicidade de balde como desagravio. Ben o merecen.

Carmen S. · 24-07-2006 a las 11:10

Muy buena tu aclaración Sabariz. Sólo faltaría que no pudieras hacer una casa. Además es muy bonita y creo que lo que hay es envidia, pura envidia. Cuando la pintes y arreglen la calle va a quedar estupenda.
Te animo para que sigas luchando. Tienes mi voto y el de mi familia.

Martin T · 24-07-2006 a las 13:05

Gustáronme esas palabras túas Carmen S. «Cuando la pintes y arreglen la calle va a quedar estupenda» amin gustaríame quedar ca segunda parte, ten que vir a vivir algún político a unha calle para que a arranxen? Fai pouco asfaltaron case todo o camiño e a verdade non quedou moi bonito nin se fixo un bo traballo mais que nada por que onde estaban aqueles buratos o asfalto esta afundido. E quería destacar a pequena plazuela que ai diante da sua casa! que leva nese estado xa mais de dez anos e cada vez vai a peor, e estou por apostar que dentro duns meses cando veñas a vivir (se non estas vivindo xa!) acordaraste do penoso estado (no que leva xa uns anos!!!) e como vas a vivir ali, vas querer que estea bonita enton e cando vas poñer aqui a típica nota da acp recriminando ó alcalde polo estado da pequena prazuela e da fonte!! e asi quedas como un auténtico defensor do pobo!!!e deixamos ó alcalde como un desinteresado!!

kaka-tua · 24-07-2006 a las 13:33

Pero Sabariz (e Tiroliro) que dicides, oh! ¿Qué eu acuso de corrupto a Sabariz? ¿Onde dixen eso? Leede ben:
??Eu son mal pensado e penso que pudo caer na tentación de facerse a sua casa con ??descontos? gracias ó cargo público é ás obras publicas que contrataba.?
Sabariz, coma home de leis tíñate por mais listo: ¿Dende cando pensar mal é un delito? En todo caso serei unha mente enferma e paranoide. Asi, si algún día me internan no psiquiatrico e os do Bloque conseguiron meterte a ti alí tamén, xa teremos tempo de charlar sobre política e demais os dous.
Agora ben que non consejches rebaixa algunha (nin un ?) para a tua casa, pois nada, o que ten que ser, e coma ten que ser. Pero se o consejches alá ti e a tua conciencia, porque eu non vou a poder demostrar nada. En todo caso serían Xoan Camaño e o de Doselco (dos que nunca dudei da sua profesioalidade, e os que teño en estima coma profesionais) os que terian que declarar si lles saacches algun ? de rebaixa polo cargo que tiñas…! Pero tranquilo que eu non te vou denunciar. Tan so son un mal pensado!!!

E bueno, ti tamén eres mal pensado,Sabariz, co tema do gasoleo e o Alcalde, (ou non o fuches cando o supeches por primeira vez) ¿qué foi o que pensaches nese momento: Que molulo era inocente e non era capaz de facer tal, ou xa sospeiaches que podia haber escándalo e oportunidade de darlle caña?.

E que mania tes de relacionarme co ??difunto eumesmo?. Non ves coma ti eres un ??mal pensado? tamén con este tema! ¿E iso é delito?.
Así que, coma home de leis que eres, creo que te das de conta que non tes base legal para meterme na casa, nin te acuso de cohecho nin prevaricación.
Pero si te digo que , dende aquela, e logo os do bloque se encargaron de extendelo e repetilo, algúns, ou moitos, pensamos que non foi ETICO que contratases privadamente á empresas que traballan para o concello.

E sobre isto vou contar un exemplo parecido que me contaran: O concello con Victoriano compraba algún material deportivo na única tenda de deportes existente en pontecesures. Cando saiu Herranz (o marido da propietaria) concelleiro en 1999, POR ?TICA O CONCELLO DEIXOU DE COMPRAR alí, e según me contaran compraba en Piñeiro Sports. Según ti Sabariz, Herranz estaba lexitimado para comprarse así mesmo material deportivo para o concello ¿non?.
(O que non sei agora é se o Concello, logo de que herranz deixou de ser concelleiro, lle voltou a mercar na tenda da muller, ou o ten ??castigado? por ser do SOE.)

E non, Carmen S., non é envidia. Se por algo bo me teño non é polr envidarlle nada a ninguén. A casa (polo menos por fora) é bonita, pero pro meu gusto está mal situda, a caron da carretera. Pero só é eso unha casa… ademais é tan grande que Sabariz non vai a dar feito a limpar nela…

Que pobo tan curioso temos… en fin, que me vexo usando un traxe de raias horizontais, e a bola enganchada ó tobillo!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2006 a las 15:16

A praza onde fixen a miña casa leva moito tempo en malas condicións sí. Pero nos últimos anos ampliouse coa cesión de terreos da familia da miña muller e o firme está destrozado sobre todo a partir da obra de viviendas de Castro de Marzá.
Non se actuou ata agora «Martín T.» por mor das obras e o concello xa fixo un proxecto para facer unha praza en condicións para incluílo nos plans da Deputación de Pontevedra. Vaise acondicionar a praza con bancos, farolas, árbores, etc. pero eu teño que pagar a parte que me corresponde da urbanización (e Castro de Marzá tamén). Estamos todos de acordo e non é xusto que ti agora digas que se vai mellorar a zona por que eu teño a casa alí. Non teño máis dereitos que ninguén pero tampouco menos e o espazo que se cedeu ben merece unha actuación para o disfrute de todo o vecindario.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2006 a las 15:40

Mira «kaka-tua», entendín o teu comentario coma unha acusación e tes que ter en conta que estou canso do tema da casa. Bastante sacrificio estamos a pasar ós da familia para afrontar o custo das obras para que veñan por ahí dicindo barbaridades. De tódolos xeitos espero que me comprendas se me pasei.
Non estou de acordo coa túa apreciación sobre falla de ética ó encargar os traballos. Segundo dís non podería mercar nada a ningún proveedor do concello e iso carece de sentido. Merco en Moncho, en Frois, en Cativos, etc.. e tamén estes comercios facturan ó concello.
O caso de Enrique Herránz (ex-compañeiro no equipo de goberno e a o que lle envío un saúdo) e distinto e hai incompatibilidade se vende ó concello sendo concelleiro. Pero eu non vendo nada a ninguén.
A casa, «kaka-tua» aparteina todo o que puden da estrada nacional N-550 pero polas normas que rexian cando se otorgou a licenza non se podía situar máis abaixo. Se me chamas enséñoche o interior e convídoche a un viño. Ollo, regaláronme as botellas.
Para rematar, grazas a «Carmen S.» polos seus ánimos ainda que os votos virtuais non valen para moito.

Martin T · 24-07-2006 a las 17:51

SAbariz «Non se actuou ata agora ??Martín T.? por mor das obras e o concello xa fixo un proxecto» fai cinco anos por non decir mais tempo a praza taba mal igual, non habia obra algunha e ti estabas no goberno!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2006 a las 23:05

Daquela «Martín T.» había só unha opción que era botarlle unha capa de asfalto á pequena praza que se ía destrozar coas obras do edificio de vivendas. Como xa se coñecía que se ía ampliar o espazo por cesións esperouse. Agora pode quedar unha praza ben acondicionada sen limitarse a facer unha explanada asfaltada. Recoñezo que provisionalmente pudo botarse algún material por que os ocos son importantes. Estimouse e seguese a estimar polo grupo de goberno que é unha actuación de interese. Só faltaba que por residir alí un concelleiro non se pudera investir na zona. Lémbrate que se fixeron actuacións en distintos puntos (praza dos Valeiros de Porto, rúa Nova, travesía da Bandeira, rúa San Lois, Infesta, etc..) independentemente de que residiran ali ou non os concelleiros.

Martin T · 25-07-2006 a las 12:29

Todos os do goberno sodes uns mangantes!!Incluida a oposicion!!Insisto en que fai cinco anos (ou mais!)non habia obra algunha e dudo que xa tiveran planeado edificar!(refirome o edificio que estan facendo non a tua casa, por se hai algunha confusion!) e o concello non fixo nada, nin se quera a retirada de pedras soltas e ti que te denominas tan defensor do pobo non dixeches nin pio.

Tiroliro II · 25-07-2006 a las 17:21

Carallo con Martín T. Sae guerreiro e plántalle cara ós políticos. Penso que ten antecedentes de familiares dedicados á política e alomenos ten interese polo pobo. ¡Animo e a dar caña! ¡A por eles oe! !A por eles oe!…..

Bécquer II · 25-07-2006 a las 18:58

Con la cuenta hipotecaria
desgravó Sabariz su mansión
Angueira pidió la declaración
en la Agencia Tributaria.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-07-2006 a las 23:55

Non te poñas así «Martín T.». Na parte que me toca asumo a responsabilidade por non haber botado unha capa de asfalto á pequena praza da fonte que había antes.
Non me parece lóxico que nos chames mangantes a tódolos membros da corporación. Mangante é o que «manga» e teño que dicirche, ó sentirme aludido, que eu fun ó concello a tratar de aportar e de facer cousas. Dende logo non me levei nada e penso que non ten sentido que me chames iso. Pefiro imaxinar que foi unha crítica xeral con unha expresión en sentido figurado. Un saúdo.

Martin T · 26-07-2006 a las 00:23

Non te preocupes non ia nese sentido, non vou a acusar a ninguen de roubar!!ia simplemente no sentido de que non facedes nada ou o suficiente (na miña opinión, se queres a tomas ou a deixas)

Vaticanista · 26-07-2006 a las 11:57

Eumesmo e kaka-tua son dúas persoas distintas pero só un Deus verdadeiro.

Flor · 27-07-2006 a las 10:49

El lunes pasado pasé sobre las 4 de la tarde por el muelle y el polvillo de FINSA era tremendo. Detrás de la plaza de abastos y en la piscina la nube era impactante. Me entraban partículas en los ojos y es triste lo que soportamos.
Estos días ví al presidente Touriño y a otras autoridades autonómicas recibiendo y homenajeando, muy merecidamente, al ciclista Pereiro por su gesta en el Tour. Yo pregunto: ¿Porqué el Presidente no se viene a dar una vuelta por Cesures y observa la desgracia que tenemos aquí? ¿Porqué Angueira no trae a su jefe Quintana y comprueban lo mismo? Cuando visitaron el Náutico tanto el de Allariz como el Director de Deportes Santiago Domínguez (también del BNG) mucho rollo de deporte y de electoralismo, pero de FINSA ni pío. Nuestros deportistan chupando el polvillo en las embarcaciones por el río y Angueira tan tranquilo. Vaya defensa hace del pueblo.

Tiroliro II · 28-07-2006 a las 18:09

Que razón tes Flor. Síntese un indefenso e perde por completo a confianza nos gobernantes que temos. Hai tempo que apareceu na prensa que o Delegado de Medio Ambiente que é do PSOE, Juan Francisco Froján, ía visitar Cesures polos problemas medioambientais que temos. Este delegado, que é de Caldas, ocupa un cargo na executiva comarcal dos socialistas onde están tamén os do PSOE de Cesures. Pasou o tempo e Froján, que coñece perfectamente o problema, nin apareceu nin se lle espera. Vive de puta madre no cargo e ós cesureños que nos aguantemos. ¿Qué sabemos dos socialistas de Cesures ante o problema de Finsa?. Pois nada, nin palabra sobre o tema e a durmir tranquilos.

kaka-tua · 28-07-2006 a las 20:01

Vaticanista: Coma me dis eso home? Ti non ves que idolos de pes de barro sobran xa neste Concello. Ademais, non me saias coma sabariz que está erre q erre co tema… E Deus só hai un: único e superior, e ese non son eu!

Canta razon tes Tiroliro: O papel do SOE en Cesures é de coña! Pero algo escoitei de que poida cambiar cara o 2007. Alguén sabe algo? Medio presionado s por arriba e medio convencidos de que a unica solucion para non quedar en 1 ou 0 vai ser poñer nova xente na lista. Algo me dixeron que están valorando poñer a unha persoa xoevn pero algo estudiada e cooñecida no pobo! Con esta lista pretenderían recabar votos dos descontentos con BNG cesureño, ademais dos seus. Repito: alguén oiu algo?

Moscón · 29-07-2006 a las 10:48

Si kaka-tua si. Os xefes provinciais do PSOE queren cambiar a todos en Cesures. Pero para botar ós que están hai que ter outros e iso é o problema.
Os do PSOE de Cesures que están agora deixan pasar o tempo para que non se busque a ninguén e seguir eles a durmir como dixo Tiroliro.

RE visor · 7-08-2006 a las 18:34

Moito se fala. Moito debate a repetir sempre o mesmo. Nos pequenos povos é o que acontece. Ve-se que tendes tempo de máis. Andades ociosos. Tamén eu por perder tanto tempo na leitura, que nada aclarou.

Antonio Cortés · 7-08-2006 a las 19:23

RE visor, non é que se repita sempre o mesmo, senón que amosase o que hai, o que podemos ver na prensa, ou o que aportan. ¿ Qué recomendas ?, as suxerencias sempre están ben vistas, o mesmo aplicaselle ás aportación sobre calquera tema.

Un saudiño.

Responder a kaka-tua Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.