Semana Santa en Sevilla

Publicado por Antonio Cortés en

Dentro desta páxina os veciños poden amosar o que fan, as viaxes, reunións. Estos días a nosa veciña Merchi (a miña irmá) mailo seu mozo Javi, estiveron en Sevilla pasando uns días de Semana Santa.

Foron poucos días pero moi intensos, dende estar con varias miss España (Maria Jose Suarez, Raquel Revuelta e Raquel Rodríguez) nos preparativos da, xa habitual, posta de mantilla, na casa do perruqueiro Paco Cerrato, Ata ver diferentes cofradías dende un punto diferente.

armados.jpg

p(centrado). Antonia Rodriguez e Merchi Cortés con varios armados da Macarena antes nos preparativos da Madrugá

charo reina.jpg

p(centrado). Merchi Cortés co estilista do programa «Cambio Radical» de Antena 3 e con Charo Reina

Lonxe de estar «detrás» das cofradías, estiveron sempre «diante» da gastronomía andaluza: Salmorejos, Aliños, Cazón en Adobo, Solomillo al Wisqui e ó roquefort, mojama …

[Fotografías da Xornalista e fotografa Marina Bernal]

Categorías: SociedadeTurismo

7 comentarios

RUBEN · 9-04-2007 a las 10:28

E a nos que nos importará a vida da tua familia. Se queres contar algo, faino sobre cousas máis importantes.

Antonio Cortés · 9-04-2007 a las 11:11

Rubén, ¿ Que cousas máis importantes ?, nas túas máns está «aportar». Lembroche que tes unha forma máis «positiva» de valorar as entradas e os comentario (puntuandoas de 1 a 5).

E a miña irmán, pero tamén e unha veciña, que quere amosarlle ás amigas as súas vacacións, e empregase un medio de comunicación válido e aberto a todos.

E unha pequena cousa, si queres comentar algo faino «aportando». Coido que non tes nada claro que é esta web: ? UNHA FORMA DE COMUNICACI?N ENTRE CESURE?OS, haberá cousas que non sexas de interés xeral e outras que si, haberá cousas que che parecen a ti importantes e ó resto non tanto. ¿Quen decide que é importante ou non ? ¿ Queres que nos poñamos a definir de primeira man o que debe ser amosado ?.

Que fas unha viaxe e queres amosarllo ós teus veciños, podes enviala. Que gustache ir en bicicleta cos teus amigos e sacaches unhas fotos da rutas que fas, podes envialas. Que che gusta o truco e estás a facer un campeonato e queres amosalo, podes envialo. Que che gustan as plantas e queres amosar o teu xardín, podes envialo. Que sabes unha forma de facer a carne o caldeiro, podes envialo. Que tes que agradecerlle algo a un veciño, podes envialo. Que eres un fenómeno na pista de baile e queres amosalo cun video, podes envialo….

Para esto naceu esta páxina e non mudou de obxetivo. Pouco a pouco irá enriquecendose con máis e máis cousas, pero teñen que sair de todos, e poño o que teño a man e podo atopar, e estou moi lonxe de que sexa tan xeral coma me gustaría.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-04-2007 a las 11:56

Penso,»RUBEN», que es moi libre de facer as críticas que queiras e opinar sobre as entradas que che parecen de interese ou non da páxina, pero o administrador non merece un comentario tan irrespectuoso. Está a facer Antonio Cortés un labor moi importante para todos coa potenciación desta páxina. Non sei a que ven ese tipo de ataque tratando de ridiculizar a un medio que cada vez é máis seguido dentro e fora da nosa vila.
Adiante Antonio e, outra vez, grazas polo teu traballo.

Tuso · 9-04-2007 a las 12:19

Ruben, dis que non che importa a vida desa familia, pero ben que fas un comentario. Se realmente non lle deras importancia non escribirías nada.

Jose · 9-04-2007 a las 21:37

Hola Ruben, pois a min persoalmente, pareceme moito menos importante o que penses ti, eso si que me parece pouco, pouco, importante.Espero que a Antonio e a súa familia lle importe tanto coma a min.
Pensa que si escribes, lees ou utilizas de algunha forma esta páxina, e gracias á xente que estás a criticar.
Poñenche boca pra expresarte, e utilizala pra cuspirlle.
«En todos los pueblos hay un tonto»
Non lle dar demasiada importancia a esta entrada.

ruben · 10-04-2007 a las 10:43

Bos días a todos,non fixen ese comentario para atacar a ningunha persoa e moito menos a súa familia.Pido desculpas a Antonio Cortés e a súa familia se se sentiron ofendidos, non era a miña intención. Son novo eiquí e non coñezco aínda a toda a xente e a esta familia en particular tampouco, polo tanto que lles quede claro a «LUIS ANGEL SABARIZ» e a «TUSO» e a «JOSE».
O que quería decir era que deberíades por temas de interese cultural, político e económico para Pontecesures e non tanto «marujeo» que desto sobra no pobo quen o faga sen necesidade de publica-lo nesta páxina. ? a miña opinión.

Antonio Cortés · 10-04-2007 a las 11:30

Rubén, non houbo ofensa de ningún tipo. 😉

Só que, como xa comentei, aquí hai cabida para todo. Fixate que, dende o 1 de abril hai 28 entradas (Caseque 3 por día) e de tódolos tipos. Non todo ten que ser tan «xeral».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.