Hoxe entrevista a Luis Sabariz en TV Salnés.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será a partir das 11 da noite no programa Pleno Aberto. A entrevista será realizada pola xornalista Teté Rocamonde e tratará sobre a situación política no concello.

Categorías: Política

4 comentarios

Paspallas · 14-06-2007 a las 00:39

Sabariz incombustible ata o final na oposición, agora descubre outra trapicherada de Angueira e de Medio Rural do Bloque na entrevista, mira que a obra da Toxa comenzou días antes das eleccións e sin adxudicar, que caraduras para conseguir os votos dos veciños, todo trampa e por eso decían na de Salvador o de Carreiras que o alcalde e o do gasoil Xurxo Gerpe estuveron polas casas da Toxa nas vísperas das votacións. E despois pedides que pacte Sabariz con este fullero, mira Sabariz botade a este tipò dunha vez o sábado. Como manipulou o voto o BNG coa consellería de Canal……

Idomeneo · 14-06-2007 a las 12:49

Visto o visto, se alguén mantiña algunha esperanza de que BNG e PSOE poideran chegar a un acordo antes do sábado,tal esperanza esfumouse se nos atemos ás declaracións do candidato do PSOE en Pontecesures.
A entrevista foi máis do mesmo. Despois dos resultados electorais,parecía que o candidato do PSOE estaba desaparecido tendo en conta a ausencia de declaracións tanto na páxina como na prensa. Isto podíanos levar a pensar que estaba a meditar un cambio na súa liña de actuación que favorecería a creación dun goberno estable no noso Concello; pensar que, dunha vez por todas, sentarianse a falar as partes implicadas e, deixando atrás revanchismos políticos e persoais, aclararían as posicións de cada un, podendo chegar a un acordo que facilitaría unha estabilidade para o concello.
Pero, estamos en Cesures e todo é posible. O candidato do PSOE reapareceu onte pola porta grande seguindo a súa tónica habitual. Paus para Angueira, paus para a asamblea local do PSOE, paus para todos.
Agardemos non levar unha desagradable sorpresa o sábado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-06-2007 a las 13:34

En TV Salnés expliquei a miña impresión sobre a vida política municipal sen revanchismos nin paus. Segundo a túa opinión «Idomeneo» parece que teño que pactar a narices co Sr. Alvarez Angueira porque pertence ao BNG. Din todo o tipo de razóns do que ocurreu nos últimos tempos e do que pode ocorrir no futuro con total sinceridade. E comentei ademáis que o alcalde nin sequera se presentou na reunión con nós solicitada polo Bloque.

Idomeneo · 14-06-2007 a las 19:24

En ningún momento digo que teña que pactar por narices co Sr. Angueira; digo que o ideal sería chegar a un acordo que permitira unha estabilidade á hora de gobernar, porque, ó meu parecer, non creo que nin a culpa de todo a teña o Sr. Angueira nin que a culpa de todo a teña vostede.
Non sei de que se extraña de que o alcalde non acudise á reunión; puxoo de volta e media e dí que non quere pactar con él baixo ningún concepto ¿para qué acudir á reunión?. ? máis, non entendo o motivo desa reunión partindo da base da súa negativa a pactar con Angueira; ou ben vostede agardava que o alcalde dimitira ou ben pensaban que podían chegar a entederse, que sería o lóxico.
Eu reiterome sempre na mesma idea: o que teña proba de delitos, do tipo que sexa, que acuda a un xuzgado e denuncie, polo ben de todos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.