Gran expectación para as regatas de dragóns das Festas de San Roque de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Celébrase mañá, a partir das 19 horas no peirao a V Edición destas regatas de dragóns «Trofeo Electrónica Couselo».

Estes dragóns que son unha especie de «trainerilla», van levar dez remeiros/as e un timonel que é o patrón da embarcación todos eles mirando para adiante no sentido da marcha. As veces tamén vai animando un neno/a na proa como detalle gracioso.

Na categoría feminina haberá unha final directa con tres embarcacións: Solteiras, Casadas e Xuvenís.

Na categoría masculina participarán seis embarcacións: Solteiros, Casados, Xuvenís, 2 equipos do Club Náutico e u equipo con homes de todo o municipio. Haberá dúas semifinais con tres embarcacións cada unha e clasificaranse para a final os dous gañadores e o mellor segundo en función dos tempos.

O percorrido da regata e de 600 metros aproximadamente.

Os equipos están adestrando a fondo nestes días con gran interese.

Categorías: DeportesSociedade

1 comentario

Paspallas · 21-08-2007 a las 23:50

Vai haber ambiente nas regatas e me dixeron que Suso Rey o concelleiro vai da o pistoletazo de saída, home serio de verdade e xuez de luxo….

Responder a Paspallas Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.