Os Alevíns do Cordeiro-Ulla CF celebran o fin de tempada no Parque Acuático de Amarante.

Publicado por Rita Limeres en

Unha gran parte dos xogadores da categoría Alevín do Cordeiro-Ulla CF e as súas familias desprazáronse en autobús o sábado pasado ata Amarante, para celebrar no parque acuático desta localidade portuguesa o fin de tempada; a excursión foi organizada por un grupo de pais e nais que, tras un ano intenso de competicións e torneos, quixeron agasallar os rapaces cunha actividade lúdica e distendida, na que tanto maiores como pequenos, desfrutaron das diferentes atraccións acuáticas que o parque ofrece.

“Consideramos importante dotar dunha dimensión social ó deporte de base; este tipo de actividades axudan a crear vínculos, socializar, e xerar emocións positivas entorno ó deporte, levando a súa práctica máis alá da competición” opinaba ó regreso da excursión, xa case a media noite, unha das nais organizadoras da xornada.

Os rapaces e rapazas descansarán estes días para retomar os adestramentos nunhas semanas.

Imaxe do grupo no Parque Acuático de Amarante, 15/07/2023

1 comentario

Roman · 20-07-2023 a las 00:16

Son unha das persoas que participou nese viaxe, podo decir que todos pasamos un gran dia, e non podo pasar sin agradecer a labor q Rita e Miguel fixeron para que fose posible.
Como un deporte de base, neste caso de futbol, pode chegar a xerar unha amistade tan saudable entre todos os nenos e pais.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.