Estase a xestionar a retirada do andamio do edificio «Villa Pombal» na rúa Victor García.
NOTA DE PRENSA DO GRUPO DE GOBERNO DE PONTECESURES
Hai bastante máis dun ano que continúa instalado un andamio no edificio situado no número 27 da rúa Victor García aínda que non hai obra algunha no mesmo e así este elemento entorpece a circulación dos peóns pola zona e limita espazos para o estacionamento de vehículos coas conseguintes queixas dos veciños da zona.
Este andamio fora instalado no seu día porque o edificio coñecido como ??Villa Pombal? presentaba problemas polo seu estado ruinoso e houbera desprendementos de materiais da fachada á via pública e así era preciso realizar tarefas de tapiado e aseguramento das zonas perigosas.
Ante esta situación, o goberno municipal está a facer xestións cos novos propietarios do inmoble (que pretenden construir novas vivendas neste edificio que está protexido no PXOM polo seu interese histórico) para que se retire o antes posible o andamio adoptándose outras medidas para evitar riscos polo deficiente estado da construcción. Hai moi boa disposición por parte da propiedade para solucionar este problema e así pódese anunciar que, en breve, a retirada será unha realidade.
Pontecesures, 13/09/07
0 comentarios