Foto Protesta: Cartel no camiño dos Mariñeiros

Publicado por Antonio Cortés en

Acabamos de recibir unha imaxe tomada no Camiño dos Mariñeiros, na carpintería de José Portas, posto a principios do ano 2006, por unha obra de ampliación da rúa.

cartel-marineiros.jpg

Comentan no correo electrónico unha serie de cuestións como a de si este elemento vai a quedar para a vida nese sitio, plantexando que nese caso podían nomealo «monumento turístico» do barrio. Rematando ca seguinte frase:

Esperamos que o novo goberno tome nota e se retire de alí antes de outro ano e medio.

Categorías: Opinión

5 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2007 a las 14:02

Pois teñen toda a razón os que solicitan a retirada deste cartel. Hai máis deste tipo (no parque de Carreiras, en Condide, etc..) e débense de retirar todos. A finais de 2005 aprobouse, mediante unha modificación de créditos, un paquete de pequenas obras (estaba incluído este ancheamento na rúa dos Mariñeiros) e o Sr. Alvarez Angueira decidiu encargar estes carteis. A min, e a outra xente, este tipo de «propaganda» gústame pouco xa pode transmitir unha intención electoralista.

tita · 15-08-2009 a las 16:18

jajaja..novos monumentos no pueblo…seguro que cando volvamos de vacacions ainda nos toparemos co carteliño..

Decesures · 17-08-2009 a las 14:44

A verdade é que si que levan tempo por ahí jaja van sendo horas de que sexan retirados xa chega a publicidade que lle levan facendo a Caamaño.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2009 a las 14:53

Os carteis que hai agora das obras, «Decesures» son ben grandes. Son as do plan E do Fondo Estatal de Investimentos. A orde estatal das axudas obriga a poñelo en lugar visible e cun tamaño e modelo predeterminado. En todos os municipios hai carteis desde tipo.

tita · 17-08-2009 a las 18:52

Eso si que é verdade..os carteis do plan E si que están en todolos sitios..e esos non se poden quitar mentres non se terminen as obras…ademais generan postos de traballo en cada concello..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.