Concedida unha subvención de 20.503,39 ? por parte da Consellería de Traballo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para prorrogar por un ano o contrato do actual axente de emprego e desenvolvemento local D. José Francisco Rodríguez Fructuoso a Consellería de Traballo, ó abeiro da Orde do 9 de agosto de 2007, outorgou unha subvención de 20.503,39 ? para prorrogar por un ano o contrato do citado traballador.

Con dita axuda que, foi solicitada o 24 de setembro pasado, se financia o 80% dos custos laborais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por tódolos conceptos.

Categorías: Concello

1 comentario

Maynard · 25-11-2007 a las 21:46

Este veciño, muchacho, home, como se lle queira chamar que leva ahí tanto tempo, e polo que vexo prórroga tras prórroga, e supoño que coma él outros tantos, TENDE CARIDADE, con todos eles e buscade o xeito de metelos en plantilla antes de que o Xulgado do social o faga. Non tendes cartos, pois buscadeos, facede unha oferta de emprego, concurso-oposición, por suposto o concurso «made in home» e ¡¡para dentro que xa vai sendo hora!! (por suposto respectando os tan esgrimidos: igualdade, mérito e capacidade). Se vos obriga o xulgado ides cargar con eles, cando teñan a condición de laborais indefinidos ides ter que facer o recorrido, oferta-selección-nomeamento como laborais fixos, para saneala plantilla. Penso que abaratariades costes. Achade fórmulas de financiamento é laboura dos que gobernades.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.