Nun prazo de dous meses será instalado o piso de caucho no paso a nivel de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Xefe de Mantemento e Conservación de Infraestruturas de ADIF en Ourense ven de confirmar esta boa nova relacionada co paso a nivel de ferrocaril da praza dos Valeiros de Porto. O caucho xa foi subministrado pola Dirección de Pasos a Nivel de ADIF en Madrid á Xefatura citada de Ourense, e agora tan só está pendente a adxudicación, por parte deste último organismo, do contrato da obra específica de colocación do pavimento no paso a nivel, unha vez rematado o correspondente procedemento licitatorio.

Este novo pavimento, xa foi solicitado en varias ocasións a ADIF polo mal estado que presenta o entablonado actual (tablas frouxas que ocasionan ruidos e riscos na circulación de vehículos e no tránsito de peóns). Por razóns orzamentarias, a actuación estase a demorar en exceso co conseguinte prexuizo, fundamentalmente, para os veciños de Porto.

Dende o concello estanse a realizar, perante estos días, todo tipo de xestións para que o cambio de pavimento do paso a nivel sexa unha realidade canto antes.

Luis Ángel Sabariz Rolán


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.