Feliz nadal para todos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Quero desexarlle a tódolos que seguen este medio, moita felicidade neste Nadal.

Unha aperta.

Luis Angel Sabariz Rolán.

Categorías: Sin Categoria

12 comentarios

Maynard · 24-12-2007 a las 23:27

Feliz Nadal para vostede «Skilful Master».
Grazas por ter esta páxina ao día, ¡Grazas de corazón! Pra vostede e tamén pra os seus «saúde» «bo aninovo» e «moita sorte».

Terabyte · 24-12-2007 a las 23:30

«Luis Angel Sabariz Rolán Comenta:
29 de Diciembre de 2006 a las 11:16

Simpática inocentada ??Paspallás?. Alfonso Diz poderá ir cear con quen queira, pero fora diso inventas o que non hai. Alfonso está comprometido coa ACP dende que que se creou en 1.999 e estamos a traballar para facer a mellor lista posible sen integrarnos en forza algunha».

Eh Maestro, as voltas que da a vida. «…sen integrarnos en forza algunha» e somentes pasou un ano, ¡cántas voltas se dan nun ano!

Feliz Nadal, Don Luis Angel.

SanXulian · 24-12-2007 a las 23:32

Dende SanXulian agora que me están arrombando a praza un saúdo pra todos. Feliz Nadal a todos.

Un chien andalous · 24-12-2007 a las 23:40

ArrePilatos! Saídes todos xuntos. Orixe: Factoría Disney? Ou que?.
Hoxe vin a señora Alcaldesa, JUAPA, poucas veces a vexo juapa, pero hoxe no saúdo de Nadal de Telesalnés, vinna JUAPA, estaba JUAPA, non sei cal sería o motivo, pero tiña moi ben combinado o fondo do plano, os ollos azuis, os beizos, toda ela hoxe non o parecía. SAUDOS PRA NOSA ALCALDESA, que como sija así vai ter aquí un FAN EMPEDERNIDO.

E ti «Gigabyte» deixa descansar hoxe o mensaxeiro, que é día de acsión de jrasias.

Bo Nadal. Joyeux Noël.etsétera.

Enxurro · 24-12-2007 a las 23:44

¿onde está O Rei? Baixou dalá darriba, ou está na Portarraxoi?
Feliz Navidad para todos.

maradona · 25-12-2007 a las 04:21

feliz nadal para todos. un abrazo

O Rei · 28-12-2007 a las 13:30

Bo Nadal para tod@s. O Rei xa anda pola terra, vendo á Selección Galega, preparando o partido de vellas glorias e o Anticamiño. Ademáis, co que gaña fora terá que darlle ganancia ós establecementos de hostelería (que maneira máis «politicamentecorrecta» de dicir bares) do pobo.

God Jul

Cara de cona · 28-12-2007 a las 17:43

Moitas felicidades e feliz ano, Saba, segues a enredar e a azoutar o bloque, eu creía e eles tamén que marchabas pero xa vexo que queres dar leña..pois adiante, o xurxo, angueira, baliñas….quérente ver fora pero non o consiguen, eres terco.

Becquer II · 28-12-2007 a las 18:29

Aún que no tengo dinero
¡Felicidades, Cortés!
yo no llego a fin de mes
por culpa de Zapatero.

Antonio Cortés · 28-12-2007 a las 21:35

Felices festas e próspero aninovo a todos. Eu xa estou na terriña, a papar frío, e disfrutando dun bo resfriado, coma todos, sempre se esperan e planexan cousas para o ano entrante, a miña prioridade e que con este ano 2007, que está a piques de rematar, tamén se quede esta gripe para collelo 2.008 con forza e menos aparvado.

manolo · 28-12-2007 a las 22:15

Feliz ano para todos!!!
dende Sabariz ata xiana cores pasando por tuso e cara de cona… Para todos, que inda que mal levados, somos veciños…

Paspallas · 29-12-2007 a las 00:50

Moitas felicidades,,estuven fora moito tempo, lonxe, hasta estuven en Eslovaquia por un tema de alumnios. Acordeime da alcaldesa da escola que me dixeron que está a formar barullo con Randulfe, non se falan, a xente do PP de Cesures non conta moito con Randulfe, según comentaron nun bar do Pino dous concelleiros de Maneiro.

Responder a Becquer II Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.