As vallas do paso a nivel central crearon problemas no día de hoxe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois de pasar varios trens no día de hoxe, unha das vallas do paso a nivel permanecía baixa (a que está máis preto da antiga farmacia da rúa San Lois), o semáforo do paso quedaba encendido e co son activado. Formáronse longas colas de vehículos e houbo a necesidade de contactar con ADIF para que correxira a deficiencia. Incluso a última hora da tarde, despois de pasar o tren, as dúas vallas levantábase, pero o semáforo seguía en vermello co son activado.
Persoal de ADIF en Vilagarcía desprazouse ó paso a nivel e foi corrixida a deficiencia.

Categorías: Sociedade

9 comentarios

xiana cores · 19-01-2008 a las 03:57

Cando non son as vallas son as trabesas cando non a via en xeral.Este servicio noso de ferrocaril o que esta e podre como as trabesas doutro dia.Vostede cree que vale a pena defender tanto un tren como vostede o defende nas condicións que o temos.De verdade cree que compensa que un tren atravese un pobo co servicio deficiente que ten e nas condicións que esta.Non se pode fiar un nin dos semaforos nin das sinais nin das barreras.Un dia estropeanse pola tormenta outro por que fai sol e outro porque temos xiada.Todo lle afecta.Xa non se pode fiar un do noso ferrocarril prehistorico.
Pero siga loitando por un imposible pero eu son das persoas que penso que nas condicións que esta eu non o quero.E como no resto deste pais non o van a mellorar senon que o abandonaran como estan facendo no resto dos sitios.

Antonio Cortés · 19-01-2008 a las 10:30

Xiana,

¿ Sabes dalgún lugar no mundo onde están a eliminar o ferrocarril ? ¿ Ou algún lugar de España onde o están a eliminar o ferrocarril ?

Eu busquei, e non atopei ningún sitio. Lonxe de quitar estase a mellorar ou a ampliar servicios.

xiana cores · 19-01-2008 a las 13:44

Pois se non sabes de ningun sitio do mundo informate.Xa que en moitas zonas de España temos sitios onde despois de desaparecer o servicio ferroviario fixeron unhas sendas verdes estupendas para facer senderismo aproveitando as vias mortas.Recomendochas porque os paisaxes delas son impresionantes.E ademais tes algunha no Sur.Busca información e encontralas.

Antonio Cortés · 19-01-2008 a las 14:37

Xiana, «Pois se non sabes de ningun sitio do mundo informate», foi vostede a que afirmou eso mesmo, así que non son eu o que ten que «demostralo» apliquese o conto e «informe» máis que indicar que se busque, porque senón pouco máis é que falar por falar. 😉

http://www.viasverdes.com/mapa.htm

Ahí tes as vías verdes, mira que tipo de vías son as que son vías verdes e o porque, e atoparás que nacen de vías obsoletas (a maioría de servicios de tren incompatibles na actualidade: anchura de vía). E sobre todo obsoletas en en desuso por moitas razóns, pero ningúnha semellante á nosa:

* Vías de servicio: Mineiro, transporte de madeira, industriais.
* Vías de comunicación que foron melloradas no seu trazado.
* Vías de comunicación que deixaron de ser funcionais polo despoboamento.

Á ironía de que mentes as vías verdes é que o que máis as promociona é a fundación de ferrocarriles, e tenta que a xente faga uso de esas vías verdes en tren (facilidades para levar as bicicletas e informacion) http://www.viasverdes.com/ven_entren.htm e aquí vai a ser que non. ¿ A cantos km estará a estación de tren máis próxima para esto ?

Antonio Cortés · 19-01-2008 a las 16:01

Coma exemplo Vías verdes en Andalucía:

* V.V. Sierra Norte sevillana: Orixe e uso: Mineiro
* V.V. de la Sierra: Orixe e uso: Nunca entrou en funcionamento, a obra desta vía deixarona inacabada no ano 1.929.
* V.V. del Aceite: Orixe e uso: Transporte de aceite de Jaén ó porto de Málaga.
* V.V. Subbética: Orixe e uso: Transporte de aceite tamén, creada no ano 1877 para melloralo comercio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-01-2008 a las 19:23

Perder o tren sería moi negativo para Pontecesures. Non se pode pensar só nas grandes cidades, cando falamos de que o tren e o transporte do futuro. O progreso non pode matar ós pequenos pobos e vilas.

O Rei · 20-01-2008 a las 18:12

Claro que hai que mante-lo tren, pero non nas condicións actuais. Xa espuxen noutros cometarios o que ó meu parecer se debería facer, pero tal e como se atopa agoa mesmo, esa liña de tren non é máis que un xerador de problemas constante na nosa zona.
Habería que reformar moitas cousas, e ó mellor algo fan, pero me da no narís que o que fagan será inapropiado e insuficiente.

Tuso · 21-01-2008 a las 14:44

Entón o que haberá que facer é manter o tren e mellorar as condicións (xa fai tempo que facía falta), pero en ningún caso perder o tren, porque logo si que xa non terá solución para o tema.

manolo · 21-01-2008 a las 19:45

Resignarse a perder o tren, por non consideralo como un medio válido hexe en día nas condicións que está, e perdelo para sempre.
Primeiro hai que loitar para que non desapareza, e logo de ter as vías aseguradas, loitar para que o melloren. Se hoxe se vai, moito me temo que adeus para sempre.

Responder a xiana cores Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.