Van recadados 3.455 ? para a calefacción da Igrexa Parroquial.
Segundo o último exemplar do semanario da Parroquia de Pontecesures «Pueblo de Dios», ata agora os felegreses aportaron, na conta de Caixanova e mediante donativos na propia igrexa, a cantidade de 3.455 ? para a instalación da calefacción de gas natural no templo.
9 comentarios
cockydaponte · 27-05-2008 a las 10:32
…hai que foderse…vou ter que tomar eu unha iniciativa parecida…que teño que cambiar as ventanas da casa…
maradona · 28-05-2008 a las 02:02
haber cochydaponte parece que che molesta que a xente sea solidaria nadie obliga a nieguen
cockydaponte · 28-05-2008 a las 08:12
a ver…metadona…a mín o que me molesta é que si os pido eu para arranxar a miña casa, ou si os pides tí para poñer aire acondicionado na túa…seguramente che manden a rañala por ahí…e digo máis…si segundo tí é solidaria…hai uns días saía nos xornais que unha familia rumana quedara sen vivenda en padrón…xa vin que solidariedade emerxeu da xente dos redores…
cockydaponte · 28-05-2008 a las 10:24
a ver….separado
manolo · 28-05-2008 a las 13:20
A VER, profesor cockydaponte, A VER «SEPARADO» e a rañala por AÍ, OK?
Un saúdo.
cockydaponte · 28-05-2008 a las 17:21
outra vaca no millo…
Tuso · 28-05-2008 a las 17:57
A pequena diferencia «cockydaponte», e que a túa casa é túa, e os arranxos que lle fagas so os vas a disfrutar ti, e a igrexa é casa de todos (ou eso din 😉 ) e desa calefacción pódense beneficiar todos.
O dos rumanos é un asunto distinto. E se coñeces o tema (eu non cho vou a explicar) non é por falta de solidardidade o de que case quedaran sen vivenda. Como curiosidade, algunhas das «almas caritativas» e «solidarias» que se preocupaban en atoparlle vivenda, tiñan elas mesmas vivendas dispoñibles, pero non as ofrecian, preferían que foran os outros os solidarios, non vaia ser. Por algo será.
manolo · 28-05-2008 a las 18:54
«vaca no millo» vaiche respostar «cockydaponte».
Penso que para correxir os erros dos demáis e necesario estar moi seguro de non comenter outros parecidos un mesmo. Se «a ver» no contexto ao que referías é separado con b e sen h.
«ahí» se falamos en galego de un adverbio de lugar absoluto, escríbese sin «H» e con tilde na i
A vaca no millo, recomendache escribir: «a rañala por aí»
Cambiando de tema, eu non penso dar un céntimo para a calefación da igrexa, basicamente porque non me vou beneficiar dela, e penso que a igrexa ten fondos de sobra e patrimonio para poñerlle suelo radiante a todos os templos do mundo católico.
Tampouco me parece mal que pidan ou que den.
cockydaponte · 29-05-2008 a las 08:26
Eu non sei que dis…meu home…que eu saiba o único que escribeu algo de «aí» fuches tí, ou en todo caso un tal manolo…
Sobor do tema da calefación da igrexa penso coma tí, Manolo, por eso mesmo fixen o primeiro comentario…porque supoño que terán fondos de sobra e patrimonio suficiente para poder costearse calquera tipo de obra.
Falando dos rumanos, pois tamén coincido con Tuso. Nese caso a solidariedade dos que os axudaban era máis ben unha tentativa desesperada de «largar» a esa xente canto máis lonxe mellor, para non ter que ofrecerlle eles/as as súas vivendas dispoñibles…pero seguro que si algún dos que dou algo para a obra esta na igrexa ten un inmoble para alugar…non o ofreceu para acoller esta familia, aínda a sabendas de que uns meses os ía a cobrar por adiantado. Aínda que claro…aquí xa non falamos de ser solidarios ou non..senón de outra cousa….